Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

mércores, 31 de outubro de 2012

SAMAÍN 2012

Chega a noite do medo e do terror, onde os espectros atravesan as portas terrenais e nos veñen a recordar a nosa condición de mortais!!!

SAMAÍN


xoves, 25 de outubro de 2012

Día das Bibliotecas Escolares

Onte celebramos o Día das Bibliotecas Escolares no noso centro. Aproveitamos para realizar a formación de usuarios para o alumnado de 1º da ESO e tamén realizamos a proxección do corto de animación Os fantásticos libros voadores do señor Lessmore, un animación que gañou Óscar no 2011 e que é unha verdadeira homenaxe á lectura. 
Gozade con esta xoia da animación que fará que vos emocionedes!!!


xoves, 11 de outubro de 2012

RECOÑECEMENTO O LABOR CULTURAL DA EDITORIAL KALANDRAKA


O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, acaba de concederlle a editorial galega KALANDRAKA o Premio Nacional ó Mellor Traballo Editorial Cultural 2012 polo compromiso coa literatura infantil, destacando o coidado dos textos, xunto coa calidade das ilustracións e a dedicación a xéneros máis complexos, como a poesía. 

Desde a Biblioteca do IES de Ponteceso sumámonos ós numerosos parabéns que merece esta nosa editorial.

MOITOS PARABÉNS!!!





NEIRA VILAS NA BIBLIOTECA DO CENTRO

  O martes tivemos a sorte de ter como invitado na nosa biblioteca ao escritor Xosé Neira Vilas. Falou de literatura co alumnado de 3º da ESO e poidemos gozar da súa compañía.

mércores, 10 de outubro de 2012

UN SAMAÍN DE MEDO!!!

Co gallo da celebración da festa do Samaín a Biblioteca e o Departamento de Dinamización Lingüística organizan un concurso de debuxo sobre esta noite máxica e terrorífica. Animádevos a participar e poderedes gañar grandes premios!!!



luns, 8 de outubro de 2012

Inauguración dos Clubs de Lectura (2012-2013)

Clubs de Lectura 2012-2013

O venres 5 de outubro tivo lugar a primeira reunión dos clubs de lectura na biblioteca. Deseguido, presentámosvos as fotos co suculento chocolate!

luns, 1 de outubro de 2012

OUTONO PONDALIANO


O mes de outubro chegará un ano máis a Ponteceso cargado de actos culturais da man da Fundación Eduardo Pondal. Co Simposio Pondaliano, que vai xa pola súa décimo quinta edición, como eixo central, a entidade elaborou un completo programa de actividades baixo a denominación de Outono Pondaliano que transcenderá as propostas formativas dirixidas aos mestres para involucrar tamén a todos os escolares do municipio e a calquera veciño que queira sumarse.
As actividades do Simposio desenvolveranse todos os martes pola tarde coa participación de varios académicos da Real Academia Galega, coma Xosé Neira Vilas, Xosé Luís Axeitos e o seu presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín; autores presentando os seus libros (Xosé Antón Pet Posse e Xosé Antonio Andrade Figueiras) e outros representantes da cultura, coma o xornalista e escritor Tucho Calvo, José Félix Neira, Miguel Anxo Calvo ou Manuel Ferreiro.
Este próximo martes, dous de outubro, achegárase a nosa biblioteca o escritor e xornalista Tucho Calvo para realizar un obradoiro de xornalismo cos alumnos de 2º da ESO.

Velaquí tedes o programa completo das actividades