Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

mércores, 27 de febreiro de 2019

NOVO BLOG

Ola! Na biblioteca do IES Eduardo Pondal de Ponteceso temos novo blog, deixámosvos aquí o enlace!
Agardamos que vos guste!

https://artellandonabiblio.blogspot.com/

xoves, 9 de febreiro de 2017

DÍA DA PAZ: CONCURSO "QUEN É QUEN"

QUEN É QUEN?

Concurso do DíA DA PAZ

Durante a semana pasada o alumnado participante do concurso encargouse de descubrir o nome correspondente ás 20 fotografías expostas no vestíbulo do noso instituto  e o motivo polo que acadou recoñecemento internacional cada unha desas persoas; e o máis importante: quen dixo cada unha das 20 frases SOBRE A PAZ que alí figuraban.
Hoxe foi a entrega de premios na biblioteca. Dous equipos empataron no primeiro posto e outro quedou en segunda posición (polos pelos). E ti? sabelas todas?
Velaquí as FOTOS:
A exposición



Os dous equipos do 1º premio


O equipo gañador do 2º premio

Foto conxunta





martes, 20 de decembro de 2016

LECTURAS PARA O NADAL






A BIBLIOTECA DO IES PONTECESO DESÉXAVOS
FELIZ 2017
Tarxeta gañadora do concurso
Clara Mª Gacio Español (1º A ESO)
Collage, orixinal exposto na biblioteca


martes, 16 de xuño de 2015

LECTURAS E FILMES PARA O VERÁN



O CURSO XA ESTÁ A REMATAR E AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS CANTAS RECOMENDACIÓNS LITERARIAS E DE CINE!!!!



mércores, 13 de maio de 2015

CONCURSO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

CONCURSO DÍA DAS
LETRAS GALEGAS




Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas o EDNL e a Biblioteca organizan un concurso sobre a figura de Xosé Filgueira Valverde. Dito concurso celebrarase en directo nos recreos do luns 18 de maio e martes 19 de maio. Podédesvos apuntar en grupos de tres e catro persoas.
 HABERÁ TRES GRANDES PREMIOS

luns, 27 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO (LIBROS DE ARTISTA)


Aquí vos deixamos un video no que podedes observar o traballo feito polos alumnos de 4º de ESO na materia de Educación Plástica e Visual. Como podedes comprobar os libros convertéronse en obras de arte. Son uns fermosos libros de artista. Se os queredes ver e tocar vide a biblioteca. Estarán expostos ata o Día das Letras Galegas.


martes, 21 de abril de 2015

MERCADO DE LIBROS 

DE SEGUNDA MAN

Co gallo da celebración do Día do Libro a Biblioteca do IES PONTECESO organiza un mercado de libros de segunda man. Estades todos invitados a participar tanto na compra como na doazón de libros. O mercado celebrarase desde o 23 de abril ata o 15 de maio. 
Estades todos invitados a participar xa sexa comprando ou doando libros!!!


A recadación do mercado de libros será doada a unha ONG.

luns, 13 de abril de 2015

XV SEMANA CULTURAL

E alá se nos foi a XV Semana Cultural, pero xa está máis próxima a seguinte. Deixámosvos algunhas fotos das diferentes actividades que se levaron a cabo.