Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

martes, 19 de marzo de 2013

Catro lectores de libros dixitais para Biblioaponte



   Estamos de noraboa na biblioteca do IES de Ponteceso. Entregáronnos dende a Consellería catro lectores de libros dixitais Sony polo desenvolvemento positivo do proxecto de Biblioteca proposto o ano pasado. Sen dúbida, a dinamización de Noemí Puga está presente no logro destes pequenos aparellos dixitais. Moitas grazas a ela tamén!
Agora toca desfrutalos: utilizarémolos nas aulas de 3.º de Diversificación e PCPI na Hora de Ler. 

xoves, 14 de febreiro de 2013

ENTROIDO 2013

Queremos compartir con vós as actuacións do Entroido que tiveron lugar o venres 8 de febreiro no IES de Ponteceso.

Desfrutádeas e parabéns a todos os participantes!

mércores, 30 de xaneiro de 2013

DÍA DA PAZ




Hoxe celebramos o día da Paz Escolar no noso centro. Vide a biblioteca e participade nun xogo sobre os premios Nobel da Paz.




CONCURSO DE TUITS E SMS DE AMOR E DESAMOR




CONCURSO DE TUITS E SMS DE AMOR E DESAMOR



A Biblioteca do IES de PONTECESO e o Departamento de Dinamización Lingüística organizan un certame de tuits e sms de amor e desamor co gallo do Día dos Namorados. Os tuits e sms non poderán exceder os 140 caracteres e terán que estar escritos en galego e ter como tema principal o amor ou desamor. Aqueles alumnos que participen no concurso con tuits deben envíalos a seguinte conta: @BIBLIOAPONTE. O alumnado que participe mediante sms entregaraos nun sobre pechado na biblioteca do centro.
Haberá tres grandes premios!!! Animádevos a participar!!! O prazo finaliza o luns 14 de febreiro.

martes, 8 de xaneiro de 2013

Feliz 2013!

O equipo de biblioteca do IES de Ponteceso desexa que tiñades un feliz 2013 cun vídeo que representa a creatividade e a dedicación na ensinanza por parte do profesorado e alumnado. Queremos felicitar especialmente ao director, produtor e editor deste vídeo, Manolo Varela (profesor de ciencias e director do IES), e a todo o alumnado participante pola entrega, paciencia e dedicación na elaboración deste fermoso vídeo. Mención especial merece a banda sonora orixinal, que foi composta por Juan Cotelo, pianista e alumno do IES de Ponteceso coa colaboración da escola de música Escola na Rúa (Carballo), na gravación e edición da BSO. Parabéns, artistas! 

Feliz 2013 para tod@s!


xoves, 13 de decembro de 2012

Deitado fronte ao mar

Dende o IES de Ponteceso, sumámonos á iniciativa organizada por CGENDL. O día 12/12/12 ás 12:OO horas, o  alumnado recitou este fervoroso poema a prol da lingua galega. Agradecémoslle a Manolo Varela a idea e a montaxe final deste vídeo.




Ademais, tamén queremos felicitar o excelente traballo do Audiovisual As Barxas, que no seguinte vídeo amosa a creatividade e o esforzo conxunto do profesorado e o alumnado. Parabéns e non paredes porque sodes uns artistas! 

xoves, 15 de novembro de 2012

Mañá o noso instituto celebrara o magosto como vén sendo habitual desde hai anos. Por eso animamos a todos os integrantes da comunidade escolar a gozar nel e saborear as castañas. Tamén teremos xogos populares así como un concurso de sobremesas con produtos do outono.

xoves, 8 de novembro de 2012

Aniversario do nacemento de Bram Stoker





Bram Stoker é o protagonista do doodle que Google mostra hoxe. Este autor de orixe irlandesa, é coñecido mundialmente pola súa novela Drácula, escrita en 1897. Desde a nosa biblioteca sumámonos a esta homenaxe.


165º aniversario del nacimiento de Bram Stoker



xoves, 1 de novembro de 2012

Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

A escritora valenciana Laura Gallego acaba de gañar o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa súa obra Onde as árbores cantan. A carreira desta escritora é longa e prolífica e desde a nosa biblioteca queremos sumarnos a este recoñecemento. 

Parabéns!!!