Aquí vos deixamos un video no que podedes observar o traballo feito polos alumnos de 4º de ESO na materia de Educación Plástica e Visual. Como podedes comprobar os libros convertéronse en obras de arte. Son uns fermosos libros de artista. Se os queredes ver e tocar vide a biblioteca. Estarán expostos ata o Día das Letras Galegas.
Axenda cultural do IES Ponteceso
Axenda cultural do IES de Ponteceso
Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.
luns, 27 de abril de 2015
martes, 21 de abril de 2015
MERCADO
DE LIBROS
DE
SEGUNDA MAN
Co
gallo da celebración do Día do Libro a Biblioteca do IES PONTECESO organiza un
mercado de libros de segunda man. Estades todos invitados a participar tanto na
compra como na doazón de libros. O mercado celebrarase desde o 23 de abril ata
o 15 de maio.
Estades todos invitados a participar xa sexa comprando ou doando libros!!!
A recadación do mercado de libros será doada a unha ONG.
luns, 13 de abril de 2015
XV SEMANA CULTURAL
E alá se nos foi a XV Semana Cultural, pero xa está máis próxima a seguinte. Deixámosvos algunhas fotos das diferentes actividades que se levaron a cabo.
martes, 7 de abril de 2015
XV SEMANA CULTURAL DO IES PONTECESO
E no 2015 chegamos a edición número XV da Semana Cultura do IES PONTECESO. Desde hoxe, 7 de abril, ata o 10 dese mesmo mes no noso instituto celebraranse multitude de actividades: conferencias, charlas, concertos, obradoiros, representación de obras de teatro e un longo ectéctera. Xa sabedes gozade con este maremoto de cultura e diversión!!!!
mércores, 1 de abril de 2015
VIII CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA DO IES PONTECESO
O EDNL convoca o VIII Certame de Creación Literaria do IES PONTECESO
Xa sabedes, animádevos a participar!!!!
venres, 19 de decembro de 2014
AS VACACIÓNS ESTÁN AQUÍ
PARECE QUE FOI ONTE CANDO EMPEZABA O CURSO E XA ESTAMOS A PIQUES DE REMATAR O TRIMESTRE. DESDE A BIBLIOTECA DO IES DE PONTECESO QUEREMOS DESEXARVOS UNHAS BOAS VACACIÓNS E FELIZ 2015!!!!!!
mércores, 12 de novembro de 2014
NOVA UBICACIÓN DOS CÓMICS NA BIBLIOTECA
Desde o equipo da Biblioteca decidimos darlle unha nova ubicación a sección de cómics. Agora está preto da entrada, nunha zona máis visible. Xa sabedes, a por esas historietas cheas de humor e fantasía!!!
venres, 7 de novembro de 2014
CONCURSO DE SOBREMESAS DE OUTONO
E chegou o frío e a chuvia, as follas aloumiñando o chan do outono. E tamén chegou o MAGOSTO ao noso instituto. Por iso, como cada ano, organizamos en colaboración co EDNL o CONCURSO DE SOBREMESAS DE OUTONO. Podedes participar neste certame lambón cociñando sobremesas con produtos outonais (castaña, noces, mel , marmelo...). O venres 14 entregaranse as receitas á primeira hora. Lembrádevos de entregar por escrito (en galego) a nota onde se indican os ingredientes que entran na elaboración da sobremesa e a maneira de preparalo.
domingo, 28 de setembro de 2014
CLUB DE LECTURA 2014-2015
E teimamos como cada ano no Club de Lectura. Por iso este mércores 1 de outubro organizamos a reunión inicial para captar aos nosos intrépidos aventureiros da lectura. Estades todos e todas invitados a este encontro, no que ademais de falar de libros aproveitaremos para saborear un ben delicioso chocolate.
Que aproveite!!!!
martes, 16 de setembro de 2014
BENVIDOS AO NOVO CURSO
E aquí estamos como cada mediados de setembro, iniciando unha nova travesía. Desde a Biblioteca queremos darvos a benvida e invitarvos a colaborar, xogar, participar, gozar... nas múltiples actividades que organizaremos ao longo do curso que estamos a piques de estrear.
E por iso izamos as velas dos noso barco e poñemos rumbo a unha viaxe na que a lectura será o noso destino e refuxio.
QUEREDES PARTICIPAR NESTA AVENTURA?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






