O pasado 12 de marzo deixounos Miguel Delibes (Valladolid,1910-2010), un dos narradores españois contemporáneos máis apreciados, non só polo indiscutible valor da súa obra senón tamén pola postura ética que encarnou e que se traduce na práctica dun humanismo comprometido co seu tempo.
A súas novelas, os seus escritos periodísticos, as súas crónicas de viaxes ou libros de caza son un retrato fiel, e non poucas veces crítico, das terras e dos homes da súa Castela natal, así como un alegato a favor da natureza e da perfecta harmonía entre o home e o seu medio natural.
Miguel Delibes é o novelista de Castela e o novelista da natureza. Pero dende a súa paisaxe e desde a súa Castela natal, trascende a unha dimensión universal e os seus personaxes son vivos retratos do home da segunda metade do século XX.
Ningún comentario:
Publicar un comentario