Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

domingo, 29 de maio de 2011

2011 ano da música en Galicia


Este ano a Xunta conmemora o 2011 coma "Ano da Música", cunha chea de festivais e concertos ó longo de toda Galicia. Tamén vaise a celebrar en decembro a primeira edición dos Premios da Música Galega.


Curiosamente no noso instituto por diferentes razóns organizáronse unhas actuacións músicais realmente boas dende diferentes departamentos. Dalgún xeito, este ano a música no IES PONTECESO ocupou un lugar privilexiado, tamén.


Os dous concertos salientaron pola súa calidade musical e tiveron ademais algo máis en común, o tipo de agrupación. Ambas as dúas, eran un dúo formado de voz principal feminina e acompañada de guitarra, tocada por un home


O primeiro concerto tivo lugar na semana cultural o día 15 de marzo, organizado polo departamento de inglés, a cargo de "Escuchando Elefantes", un grupo que enche as rúas de A Coruña de boa música, con versións moi personais de grandes temas da música popular urbana






O segundo concerto organizado polo departamento de galego, aconteceu o xoves 26 de maio con motivo das Letras Galegas. Tivemos a gran sorte de escoitar a Uxía Pedreira e a Fred Martins que nos deleitaron cunha música fresca e alegre "lendo xuntos a bossa nova" ;)

Ningún comentario:

Publicar un comentario