Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

luns, 19 de marzo de 2012

200 anos coa Pepa: Luces e sombras.


Algo máis que unha lección de historia é o que se celebra hoxe. Celébrase o bicentenario da primeira Carta Magna liberal de España e Europa. Supuxo na súa época un gran avance en dereitos e liberdades como o nacemento do concepto de “cidadán con dereitos” ou a división de poderes, pero claro, as mulleres seguirían sendo aínda cidadás de 2ª …
En fin, se queredes saber o porqué do seu nome, o porqué da data ou o porqué do lugar, non tedes máis que clicar no póster da esquerda e accederedes a unha magnífica reportaxe elaborada por rtve para 24 H. Todas as luces e as sombras da Constitución de Cádiz a un clic. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario