Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

xoves, 11 de abril de 2013

Entrega de premios na biblioteca

A semana pasada aproveitamos a Semana Cultural do IES de Ponteceso para agasallar aos gañadores dos concursos organizados dende Biblioaponte. Parabéns a todos os participantes, especialmente a Hilda e Kiara gañadoras do Chío de Amor ; e a Álvaro, Bea, Alex, Rubén e Daniel, gañadores do concurso organizado por mor do Día da Paz.




Deseguido, agasallámosvos cos poemas gañadores.
  •                   O chío de Kiara publicado na nosa páxina de Twitter @Biblioaponte






 Fúrasme os adentros coa túa dor, meu furonciño, 
quen puidese sandar ese tumor 
e gozar ca túa presenza na miña vida para sempre

  •                      O chío de Hilda entregado na propia biblioteca:


Hoxe non podo, 
agora estou canso, 
unha mirada esquiva.
Un non me preguntes.
Van inzando o corazón de fendas
e deixando un cheiro a desamor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario