Este sábado, 5 de xuño, vén de celebrarse en Compostela, organizado pola AELG, a merecidísima homenaxe “A escritora na súa terra” a Marilar Aleixandre (Madrid, 1947), dentro do programa “A escritora na súa terra”. E poucas veces “a súa terra” está tan enchido de significado coma no seu caso: nacida en Madrid e neta de andaluces, valencianos e madrileños, chegou a Galiza a mediados dos anos 70, despois de ter viaxado en autostop por Europa, e mergullouse dende o inicio na nosa cultura, consciente do seu significado, ata o punto de dar as súas aulas axiña en galego, naqueles difíciles tempos e formar parte do equipo de traballo que deu ao prelo o primeiro libro de ciencias para o ensino secundario en galego.
Do seu quefacer literario dan conta, por exemplo, a extensa ringleira de premios (o Esquío, Xerais, Caixanova-PEN en poesía, tres veces o Xerais, o Álvaro Cunqueiro, Merlín e da Crítica, Caixa galicia e White Ravens), ademais do seu labor científico e de tradución do inglés; títulos tan coñecidos como Lobos nas illas, A expedición do pacífico ou Rúa Carbón, todos eles incluídos na nosa biblioteca e de lectura habitual do alumnado de secundaria e bacharelato.
A homenaxe coincidiu coa “presentación en sociedade” da súa última novela, O coitelo en novembro, obra a cabalo entre a novela e o conxunto de relatos na que “as persoas resístense a ser tratadas como personaxes; os contos auténticos, parte enguedéllanse cos inventados, se é que non son todos inventados”, e así resulta “un canto ao poder das palabras que, como na historia de Alí Babá, poden chegar a fender montes”. Toda unha homenaxe ao mundo da ficción literaria. E todo isto coa voz insuperábel de quen nunca se rende. Unha voz de muller.

Ningún comentario:
Publicar un comentario