Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

Amosando publicacións coa etiqueta novidades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novidades. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de maio de 2013

A vida de Pi

   A primavera trae novidades a Biblioaponte, entre elas unha serie de fondos relacionados con A vida de Pi. Queredes saber o porqué? Pois botádelle unha ollada a esta interesante presentación. Na biblioteca, atoparedes todo o material mencionado:


Grazas polo traballo, Clara, unha das nosas integrantes do equipo de biblioteca!

domingo, 27 de maio de 2012

Novidades de maio

Presentámosvos  hoxe SÓ algunhas das novidades de maio coas que contamos na biblioteca: LIBROS, PELÍCULAS e MÚSICA para gozar …

Novidades de maio en Biblioaponte on PhotoPeach

domingo, 3 de abril de 2011

NOVIDADES

Pronto poderedes gozar das novidades que a biblioteca acaba de adquirir para todos vós . Trátase dunha variada colección de libros que como cada ano nos achega unha librería ambulante de Vilagarcía de Arousa. Entre as novas adquisicións encontraredes banda deseñada, biografías, historia, deseño, novelas, e moitas sorpresas máis. É HORA DE ACHEGARSE Á BIBLIOTECA.
E para facer boca un adianto...







xoves, 10 de xuño de 2010

MARILAR ALEIXANDRE: O COITELO EN NOVEMBRO

Este sábado, 5 de xuño, vén de celebrarse en Compostela, organizado pola AELG, a merecidísima homenaxe “A escritora na súa terra” a Marilar Aleixandre (Madrid, 1947), dentro do programa “A escritora na súa terra”. E poucas veces “a súa terra” está tan enchido de significado coma no seu caso: nacida en Madrid e neta de andaluces, valencianos e madrileños, chegou a Galiza a mediados dos anos 70, despois de ter viaxado en autostop por Europa, e mergullouse dende o inicio na nosa cultura, consciente do seu significado, ata o punto de dar as súas aulas axiña en galego, naqueles difíciles tempos e formar parte do equipo de traballo que deu ao prelo o primeiro libro de ciencias para o ensino secundario en galego.
Do seu quefacer literario dan conta, por exemplo, a extensa ringleira de premios (o Esquío, Xerais, Caixanova-PEN en poesía, tres veces o Xerais, o Álvaro Cunqueiro, Merlín e da Crítica, Caixa galicia e White Ravens), ademais do seu labor científico e de tradución do inglés; títulos tan coñecidos como Lobos nas illas, A expedición do pacífico ou Rúa Carbón, todos eles incluídos na nosa biblioteca e de lectura habitual do alumnado de secundaria e bacharelato.
A homenaxe coincidiu coa “presentación en sociedade” da súa última novela, O coitelo en novembro, obra a cabalo entre a novela e o conxunto de relatos na que “as persoas resístense a ser tratadas como personaxes; os contos auténticos, parte enguedéllanse cos inventados, se é que non son todos inventados”, e así resulta “un canto ao poder das palabras que, como na historia de Alí Babá, poden chegar a fender montes”. Toda unha homenaxe ao mundo da ficción literaria. E todo isto coa voz insuperábel de quen nunca se rende. Unha voz de muller.