Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

xoves, 20 de outubro de 2011

SO LONG, MR. COHEN


Leonard Cohen , escritor e cantautor canadense , recibirá mañá en Oviedo o “Principe de Asturias” das Letras pola súa longa traxectoria principalmente como poeta e cantante.
Cohen,” o home que non sabe cantar”, como moitas veces se dixo del, influíu en varias xeracións coas súas metafóricas letras e música repousada, difundiu mundialmente a obra de Federico García Lorca ( poeta ao que comezou a ler cando tiña 15 anos) e cantoulle coa súa voz grave ao amor e á relixión , á vida en definitiva.
Cancións como Suzanne , Famous Blue Raincoat ou So Long, Marianne son algunhas das súas cancións máis recoñecidas e que podedes gozar no CD de grandes éxitos que temos na biblioteca.
Así que, So long, Mr. Cohen… Esperamos velo pronto, outra vez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario