A voltas cos premios, estamos outra vez aquí para falar do máis alto galardón que se concede nas letras hispánicas: O Premio Cervantes. Nesta ocasión, e en paralelo co que sucede con José Luis Sampedro, trátase dun escritor cuxa profesión dista moito do que se podería esperar dun profesional das letras. Nicanor Parra Sandoval é un matemático e físico chileno de 97 anos e creador da antipoesía, fervente defensor do folklore do seu país e ecoloxista convencido. Pertence a unha saga de artistas e creadores, a súa irmá foi a famosa cantantautora Violeta Parra, e tanto os seu pais como os seus fillos están vencellados dalgún xeito ao mundo das artes.Durante medio siglo
La poesía fue
El paraíso del tonto solemne.
Hasta que vine yo
Y me instalé con mi montaña rusa.
Suban, si les parece.
Claro que yo no respondo si bajan
Echando sangre por boca y narices.
Ningún comentario:
Publicar un comentario