Hoxe o noso personaxe homenaxeado por excelencia- Don Álvaro Cunqueiro- cumpriría 100 anos e para celebralo que mellor cousa que a versión musical dun dos seus poemas máis coñecidos grazas a un médico e cantautor de Moraña, Luis Emilio Batallán, e que moitos dos profes recoñecemos como unha especie de banda sonora da nosa xuventude.
Para gozar.(Cantiga nova que se chama Riveira, 1933. Álvaro Cunqueiro)
No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
quén poidera namorala,
meu amigo!
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
quén poidera namorala,
meu amigo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario