Molière no papel de César en La muerte de Pompeo, por Nicolas Mignard (1658). |
Nun día como o de hoxe no que celebramos o Entroido
no instituto, vénnos á memoria un autor teatral francés universalmente
coñecido: Molière.
É raro que recomendemos pezas teatrais pero
neste tempo de “Don Carnal”, non deixamos pasar a oportunidade de recomendarvos
calquera obra deste xenial escritor, autor de farsas e comedias nas que loitaba
contra as hipocrisías do seu tempo mediante unha retranca moi fina: o eterno Entroido do ser humano.
Na biblio temos unha das súas mellores obras:
O enfermo imaxinario.
Pero se o que vos chama é iso da loita entre "Don Carnal e Dona Coresma", non tedes máis que ir a o capítulo dedicado a tales
personaxes no Libro de Buen Amor do Arcipreste de Hita, para aprender que é iso
das Carnestolendas… Alguén se atreve?? Deses temos uns cantos exemplares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario