Yoko Ogawa é unha escritora xaponesa á que lle
gusta traballar os aspectos máis sutís da psicoloxía humana e nesta deliciosa novela
coa que a autora adquiriu fama internacional consígueo de cheo. Tanto é así que
Uxía, alumna de bacharelato, recoméndanos o libro con esta pequena crítica.
Como te sentirías se a túa memoria só retivese
os últimos oitenta minutos da túa vida? Como te sentirías se cada hora
comezaras unha nova existencia? Como poderías sobrevivir se para lembrar o que
fixeches a hora do almorzo tiveras que levar o corpo cheo de anotacións? Pois
iso é o que lle pasa ó protagonista desta optimista novela. A historia pode
parecer a priori de ciencia ficción pero segundo afondas nas súas páxinas
descobres que con amor sempre hai esperanza. Merece a pena lela, quizais non
sexa unha historia tan surrealista, tal vez non estea tan lonxe do que lle pasa
a milleiros de persoas en España que sofren alzheimer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario