Open publication - Free publishing
Axenda cultural do IES Ponteceso
Axenda cultural do IES de Ponteceso
Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.
domingo, 6 de novembro de 2011
III Premio de Divulgación Científica Ángel Carracedo
Un ano máis a biblioteca colabora cos diversos departamentos de ciencias: matemáticas, tecnoloxía, física e química e ciencias naturais na divulgación e posta en marcha deste concurso de divungación do que aquí tendes as bases:
xoves, 3 de novembro de 2011
II DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Por segundo ano consecutivo celébrase o 4 de novembro o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO para darlle un pulo ás actividades científicas e aos textos divulgativos publicados na nosa lingua. A contribución da nosa biblioteca constará nunha pequena exposición das obras coas que contamos na biblio , flanqueada por unha cadea de ADN elaborada polos alumnos de 1º de ESO.Este ano celébrase o ano Internacional da Química, coincidindo co centenario do outorgamento do Premio Nobel de Química a Marie Curie polo que este día da Ciencia en Galego está dedicado a tan ilustre muller así como a insigne matemática galega María Wonenburguer.
xoves, 27 de outubro de 2011
LECTURAS DE MEDO
Presentámosvos esta pequena guía de lecturas para pasar estes días de lecer, pero se realmente queredes pasar medo achegádevos á biblioteca mañá no recreo e veredes o que é bo… ou malísimo…
domingo, 23 de outubro de 2011
DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Como cada ano a nosa biblioteca celebra este día coa cabeza posta en todas as actividades que queremos realizar para facer da nosa biblio un verdadeiro espazo cultural , integrador e gozoso, por que non.
A consellería de educación facilitounos este cartaz que tedes á esquerda e feito pola ilustradora Emma Ríos que interpreta o lema proposto, Biblioteca escolar, última xeración e que coidamos que representa á perfeción o que é o espírito do noso traballo nela.
Este mércores 26 faremos a presentación oficial aos rapaces de 1º de ESO cos que realizaremos unha sesión de FORMACIÓN DE USUARIOS a través dunha presentación en Power Point elaborada pola biblioteca e un feixe de xogos para comprobar o grao de aprendizaxe e destreza na busca de información.
xoves, 20 de outubro de 2011
SO LONG, MR. COHEN

Leonard Cohen , escritor e cantautor canadense , recibirá mañá en Oviedo o “Principe de Asturias” das Letras pola súa longa traxectoria principalmente como poeta e cantante.
Cohen,” o home que non sabe cantar”, como moitas veces se dixo del, influíu en varias xeracións coas súas metafóricas letras e música repousada, difundiu
mundialmente a obra de Federico García Lorca ( poeta ao que comezou a ler cando tiña 15 anos) e cantoulle coa súa voz grave ao amor e á relixión , á vida en definitiva.Cancións como Suzanne , Famous Blue Raincoat ou So Long, Marianne son algunhas das súas cancións máis recoñecidas e que podedes gozar no CD de grandes éxitos que temos na biblioteca.
Así que, So long, Mr. Cohen… Esperamos velo pronto, outra vez.
domingo, 16 de outubro de 2011
Presentación club de lectura
Todo un éxito, como xa vén sendo habitual, a presentación dos clubs de lectura no instituto. Parece que isto de alimentar o corpo e a mente éche moi efectivo .
Gozade do vídeo
xoves, 13 de outubro de 2011
SAMAÍN 2011
I CONCURSO DE LENDAS
DA NOITE DE SAMAÍN
Achégase o tempo do medo, o tempo das cabazas, das historias de mortos, e das pantasmas . Un ano máis no instituto convocámosvos a unha oportunidade única de facernos tremer …e rir.
Lede as bases e deixádevos levar pola imaxinación para facernos pasar un mal rato.
Lede as bases e deixádevos levar pola imaxinación para facernos pasar un mal rato.
Premios arrepiantes!!!!
CONCURSO DE LENDAS CON ILUSTRACIÓNS SOBRE O SAMAÍN
xoves, 6 de outubro de 2011
“Chocolatada” arredor dos libros

Un ano máis o club de lectura LIBRO DE PETO do IES Ponteceso, convócavos á primeira reunión arredor dunha cunca quentiña de chocolate , unhas cantas pastas e moitas ideas para ler neste curso.
Como é xa habitual formaremos tres grupos de avezados lectores: Os de 1º e 2º de ESO, os de 3º e 4º e, por último , os Bacharelatos e aínda que o ano pasado lles puxemos nomes, e incluso logos, estamos abertos a calquera tipo de cambios, suxestións, ideas …
Queremos ler, pasalo ben e compartir, así que esperámosvos o vindeiro 14 de outubro no recreo e na biblioteca.
Feliz chocolatada e… boas lecturas!!!
martes, 4 de outubro de 2011
NOVA REVISTA: "CÓMO FUNCIONA?"

Unha nova adquisición da biblioteca é esta interesantísima revista que abarca varios campos como a ciencia, a historia, a natureza, a tecnoloxía, o espazo ou os diversos medios de transporte. Inclúe magníficos diagramas e imaxes para entender o mundo que nos rodea dun xeito ameno . Esperamos que gocedes dela e como di o seu slogan : Esta é a revista que alimenta a túa mente!
xoves, 29 de setembro de 2011
Música para os recordos
Este sábado 1 de outubro a UNESCO conmemora "World day of Young Music".
Pola outra banda, hai poucos días, o 21 de setembro, celebrouse o "Día Mundial do Alzheimer", enfermidade que vai borrando os recordos das persoas... Ademais, cómpre engadir que este ano 2011 estase a adicar ó "Ano da investigación no Alzheimer".
O documental As voces da memoria axunta estes dous temas tan especiais. Emitido pola 2 de televisión, a cargo do prestixioso programa Documentos TV, trata do poder curativo da música en persoas que sufren a enfermidade e narra as actividades musicais que realizan, entre elas a práctica do canto nun coro. Fermoso e conmovedor, sen dúbida algunha, paga moito a pena velo.
Pola outra banda, hai poucos días, o 21 de setembro, celebrouse o "Día Mundial do Alzheimer", enfermidade que vai borrando os recordos das persoas... Ademais, cómpre engadir que este ano 2011 estase a adicar ó "Ano da investigación no Alzheimer".
O documental As voces da memoria axunta estes dous temas tan especiais. Emitido pola 2 de televisión, a cargo do prestixioso programa Documentos TV, trata do poder curativo da música en persoas que sufren a enfermidade e narra as actividades musicais que realizan, entre elas a práctica do canto nun coro. Fermoso e conmovedor, sen dúbida algunha, paga moito a pena velo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)