Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

domingo, 24 de outubro de 2010

DÍA DA BIBLIOTECA

0 24 de outubro conmemórase o Día Mundial das Bibliotecas. Esta data sérvenos para lembrar que son de gran importancia para nós porque ofrecen unha chea de recursos para entreternos e tamén para aprender de forma autónoma e libre, ademais todo o mundo ten dereito o seu uso. As bibliotecas son tesoros abertos de cultura que debemos coidar con cariño. E por se non o sabiades... os libros teñen algo de maxia...



luns, 11 de outubro de 2010

SAMAíN 2010

Este concurso vai dirixido só aos intrépidos escritores do noso instituto. ¿Seredes quen de facernos pasar medo? Pois pasade pola biblioteca e escollede un dos pósters para facer a vosa historia. Esperámosvos!!!!!!

Samain

sábado, 9 de outubro de 2010

JOHN LENNON E O ANO 2010


O 9 de Outubro John Lennon cumpriría 70 anos, que se di pronto!


Como xa temos falado, John Lennon era uns dos integrantes de The Beatles, o cuarteto de Liverpool, que se separaron en 1970 polo que este ano tamén é o 40 aniversario da súa separación...e tamén, hai 30 anos do seu asasinato... curiosidades dos números!!


Google fixo a súa particular homenaxe poñendo a súas letras coa cariña de John Lennon... Déixovos aquí o vídeo.... (Por certo, a canción supoño que vos soará ;))





A súa viúva, Yoko Ono, promove moitos actos para lembrar a súa figura coma por exemplo enviar a túa homenaxe musical a canle oficial en youtube.









venres, 8 de outubro de 2010

PREMIO NOBEL PARA VARGAS LLOSA


Este ano a prestixiosa academia sueca concedeulle o premio das letras ao escritor hispano-peruano Mario Vargas Llosa, autor dunha extensa obra de indudable calidade literaria e enmarcada no que se chama "boom" da literatura hispanoamericana dos anos 60, cando escribiu as súas mellores obras como La ciudad de los perros . Cultivou todos os tipos de novela :policíaca, erótica, cómica, histórica, política, e incluso o conto infantil. Algunhas das súas novelas foron levadas ao cine e recibiu os máis prestixiosos premios da lingua española como o "Cervantes" ou o "Príncipe de Asturias".
Están a piques de publicar a súa última novela -histórica- titulada El sueño del celta na que conta as barbaridades cometidas polo goberno belga na que foi a súa colonia en África a finais do século XIX .



martes, 5 de outubro de 2010

O CASO DO LIBRO DESAPARECIDO

Agora que estamos a comezo do novo curso non nos vén nada mal esta entretida forma de saber manexar os fondos da nosa biblioteca. Está creada polo Ministerio de Educación e publicada na súa páxina LEER.ES. Ten cousas interesantes e tes o enlace neste mesmo blog.

martes, 21 de setembro de 2010

Antonio Labordeta

Sabemos que somos moitas personas neste mundo, estimase que 6866,9 millóns aproximadamente, que se di pronto... e nós só che queriamos dicir que xa estamos a botarte de menos!


domingo, 15 de agosto de 2010

A BIBLIOTECARIA

Unha innovadora forma de achegar unha "arrepiante e sinistra" formación de usuarios a través da música. Non ten perda.

martes, 6 de xullo de 2010

PUT BOOKS IN YOUR HEAD

Gracias á colaboración de bibliotecas do Plambe chéganos información de cousas curiosas que se fan polo mundo. Neste caso temos unha especie de "lip dub" que está tan de moda protagonizado por profesores dunha escola de primaria de Estados Unidos ( Sprague Elementary School) para o fomento da lectura en verán.A que estaría chulo poder facer o mesmo cos alumnos do club de lectura, por exemplo?
Só unha idea pero esto non ten desperdicio.


luns, 21 de xuño de 2010

Morre o neto de Jerónimo Merlinho

O pasado 18 de xuño finou o premio Nobel José Saramago, home sinxelo e autor comprometido coa humanidade , escritor de grandes historias de amor e fiósofo da vida. A súa "receita"pasaba por non formar parte dun irreflexivo rabaño humano , senón pola reflexión repousada, por ter ideas propias que poideran cambiar o mundo. A pesares do seu característico pesimismo cando decía cousas como " Se a literatura poidera cambiar o mundo, xa o tería feito " , sabemos , que ao seu xeito, intentou cambialo, e se non o fixo, deixou en todos nós un pouso para intentalo.

xoves, 10 de xuño de 2010

MARILAR ALEIXANDRE: O COITELO EN NOVEMBRO

Este sábado, 5 de xuño, vén de celebrarse en Compostela, organizado pola AELG, a merecidísima homenaxe “A escritora na súa terra” a Marilar Aleixandre (Madrid, 1947), dentro do programa “A escritora na súa terra”. E poucas veces “a súa terra” está tan enchido de significado coma no seu caso: nacida en Madrid e neta de andaluces, valencianos e madrileños, chegou a Galiza a mediados dos anos 70, despois de ter viaxado en autostop por Europa, e mergullouse dende o inicio na nosa cultura, consciente do seu significado, ata o punto de dar as súas aulas axiña en galego, naqueles difíciles tempos e formar parte do equipo de traballo que deu ao prelo o primeiro libro de ciencias para o ensino secundario en galego.
Do seu quefacer literario dan conta, por exemplo, a extensa ringleira de premios (o Esquío, Xerais, Caixanova-PEN en poesía, tres veces o Xerais, o Álvaro Cunqueiro, Merlín e da Crítica, Caixa galicia e White Ravens), ademais do seu labor científico e de tradución do inglés; títulos tan coñecidos como Lobos nas illas, A expedición do pacífico ou Rúa Carbón, todos eles incluídos na nosa biblioteca e de lectura habitual do alumnado de secundaria e bacharelato.
A homenaxe coincidiu coa “presentación en sociedade” da súa última novela, O coitelo en novembro, obra a cabalo entre a novela e o conxunto de relatos na que “as persoas resístense a ser tratadas como personaxes; os contos auténticos, parte enguedéllanse cos inventados, se é que non son todos inventados”, e así resulta “un canto ao poder das palabras que, como na historia de Alí Babá, poden chegar a fender montes”. Toda unha homenaxe ao mundo da ficción literaria. E todo isto coa voz insuperábel de quen nunca se rende. Unha voz de muller.