Curiosamente celebramos o Día da Paz o día no que se realizou un terrible asasinato: o do líder indio Mohandas Karamchand Gandhi, máis coñecido como “Mahatma” que quere dicir “gran alma”.
Conmemoramos a súa morte porque Gandhi é o símbolo mundial da non- violencia. No seu paso pola política do seu país introduciu a ética a través do exemplo, viviu na máis absoluta pobreza, xamáis lle concedeu prebenda algunha a familiares pola súa posición política, defendeu aos débiles e endexamáis levantou a súa voz a favor das armas, polo contrario, favoreceu a resolución de conflitos de xeito pacífico. E por iso morreu.
Gandhi de F.W. Rawding |
Me llamo...Gandhi da editoroial Parramón |
Ademais dos libros que podedes encontrar na biblio deixamos aquí pegada da súa vida cun magnífico documental biográfico, pero tamén vos ofrecemos un programa de actividades que podedes coñecer premendo no pequeno cartel que tedes á dereita co nome de DÍA DA PAZ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario