Hoxe fanse dez anos dende que finou o noso último premio Nobel de Literatura, Camilo José Cela (Padrón, 11 de maio de 1916 – Madrid, 17 de xaneiro de 2002). Este autor galego ten a honra de ter a novela máis traducida despois do Quixote: La familia de Pascual Duarte, pero tamén a el se lle debe unha das mellores novelas do século XX: La Colmena, obra que describe maxistralmente unha sociedade nun Madrid nos primeiros anos do franquismo inmersa no medo e a amargura propia da época.
Como personaxe foi decididamente polémico e provocador, cínico e mediático, nos últimos tempos ata se dubida da autoría dalgúns do seus textos pero queda para a historia unha pluma de indubidable calidade e forza narrativa especialmente nos seus primeiros textos.
Deixamos aquí unha parte dunha interesantísima entrevista que se lle fixo a dous premios Nobel de tan diferente talante como son o portugués José Saramago e a Camilo J. Cela no ano 1999. Unha xoia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario