Nesta ocasión presentamos un xogo de preguntas que teredes que respostar
visitando a exposición de “Libros pola Paz” que temos no corredor, ao carón da
biblio.
Unha vez que teñades claras as respostas,
mandádeas utilizando a pestana de “Contacto” que tendes na parte superior
dereita do blog. Así de sinxelo.
Haberá agasallos para as 3 primeiras respostas
correctas que cheguen ao noso correo.
Estas son as preguntas.
1-
En cantos idiomas está escrita a
palabra PAZ ?
2-
Hai unha obra escrita por unha
autora nixeriana. Como se chama a novela e de que vai?
3-
De que cidade é Asmir, o rapaz que
non quería Pistolas?
4-
Dáme 3 títulos de obras que falan
da Guerra civil
5-
Hai un libro sobre un político moi
famoso especialmente na 2ª Guerra Mundial. Como se chama?
Ningún comentario:
Publicar un comentario