Esta é a recomendación lectora de Alda de 1º de Bac. A que nos presenta un libro ao que pronto lle daremos boa compaña, pois estamos pensando en mercar a saga enteira de "Los hijos de la Tierra" á que pertence este 1º libro do que nos fala esta alumna.
Ayla é unha nena Cro-Magnon de 5 anos que
queda soa no mundo tras o terremoto que fixo perecer a toda a súa tribo. Tras o
suceso, vese obrigada a vagar soa, inexperta e indefensa polos bosques na
procura de alguén que a recolla e lle dea acubillo. Durante a súa procura, vese
exposta a moitos perigos como as zarpas dun gran león cavernario, a
deshidratación e inanición prolongadas. A piques xa de morrer, un grupo de
Neanderthais atópaa e adóptana. Iza, a curandeira faise cargo dela como se fose
unha filla do seu propio seo, coidándoa con agarimo e traspasándolle todos os
seus coñecementos. Mog-ur, o mago e irmán de Iza, ve nela unha das marcas máis
poderosas dos espíritos do Clan ademais dunha desenvoltura e axilidade mental
sorprendentes. Mais o resto do grupo non e capaz de ver máis aló da súa estraña
aparencia. As súas calidades, como a capacidade para falar de forma ben
articulada e fluída ou a súa axilidade física, resultan tan diferentes e
extraordinarias para O Clan que nunca acabaran de aceptala plenamente como unha
máis.
Recomendo este marabilloso libro que vos fará
pasar a moitos de vós un agradable anaco(longo, pois o libro dá para rato) na
compaña de Ayla, a cal lle colleredes moi pronto un especial afecto.
Ola, son Kericolo, a administradora do blog Palabras e Mundos, vexo que me tedes agregada ó voso blog, para o meu é un privilexio que me sigades. Aqui tedes unha amiga para ou que necesitedes, vouvos agregar ou meu blog tamén para non perder nadiña do que facedes e falades. Se vos digo a verdade non leín ainda este libro, pero todo ou mundo fala marabillas do mesmo...téñoo apuntado á lista de libros para ler, bo agora déixovos. Un saúdo
ResponderEliminar