Sentímonos terriblemente aflixidos polos lumes dos últimos días en Galicia e por se estas palabras serviran de algo deixamos aquí unha recomendación da biblioteca que vén sendo como unha chamada da natureza á xenerosidade do ser humano co seu entorno: O home que plantaba árbores, pequeno conto do autor francés Jean Giono que intenta transmitirnos unha serie de valores que teríamos que recuperar a toda costa nesta sociedade tola que nos tocou vivir.
Para gozar deste sentimento de harmonía coa natureza, deixámosvos aquí unha marabillosa peza musical de Brahms – a sinfonía nº 3- ilustrada con fermosas paisaxes e como homenaxe tamén ao pianista alemán que morría tal día coma hoxe hai xustamente 115 anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario