María Arochena cos Goyas |
Outro apaixonante día cheo de actividades no instituto.
O prato forte veu da man de María Arochena, productora do filme “Arrugas” do que xa falamos neste blog cando lles concederon dous Goyas polo mellor guión adaptado e mellor película de animación. Temos que recordar que María pertence a unha productora “Perro Verde Films” que está ubicada na Coruña e que veu moi ben acompañada dos dous "señores Goyas" para deleite de todos os asistentes á charla.
Mº José Santé |
Moito éxito tivo tamén a charla sobre nutrición que nos ofreceu Mª José M. Santé, profesora de Bioloxía do IES Parga Pondal de Carballo e editora dunha revista e blog: “Rotativa Saudable” na que se abordan estes temas tan preocupantes para a sociedade de hoxe en día.
Realizouse tamén un concerto de batería e guitarra na biblioteca a cargo de alumnos do centro e seguimos hoxe cos obradoiros de fieltro e o de reloxos no taller de tecnoloxía, máis cine árabe , un obradoiro de pilates e por último unha actividade que consistiu na representación dalgunhas das máis coñecidas fábulas de Esopo, en inglés, ante os cativos do CRA de Ponteceso que nos visitaban hoxe na xornada de portas abertas.
Aquí tedes a reportaxe fotográfica do último evento.
Aesop's Fables on PhotoPeach
Ningún comentario:
Publicar un comentario