Hoxe arrancou a XII Semana Cultural cun cartel de luxo: Tivemos a honra de recibir ao científico galego de máis renome internacional: Ángel Carracedo, que falou das aplicacións forenses da xenómica a un público de 1º e 2º de Bac. totalmente entregado ante as súas magníficas explicacións e, por outra banda a dous dos integrantes da banda Berrogüetto, Xabier Díaz e Guillerme Fernández que ofreceron un concerto versionando cancións doutros grupos galegos, algo de “Bossa Nova” e outros temas de cantautores como Víctor Manuel ou Pablo Milanés, aparte dos seus propios temas.
Non esquezamos a charla da policía sobre os riscos de Internet, a visita das redeiras de Malpica e os magníficos obradoiros de tecnoloxía, fieltro, habilidades sociais, yoga e taichí impartidos por diversos profesores.
Mañá maís…
Ningún comentario:
Publicar un comentario