No apartado de conferencias puidemos gozar hoxe dunha instrutiva charla a cargo do Lama VEN. GUESHE TENZIN TAMDING , doutor en Filosofía Budista que veu falar da súa formación e pensamento.
Outra sorpresa consistiu na animada experiencia que compartiu connosco a actriz e presentadora ISABEL RISCO, quen tamén nos falou dos seus comezos no mundo do teatro e como chegou ata a televisión de Galicia onde é moi recoñecida.
Moi útiles, sen dúbida, foron tamén as charlas ofrecidas por antigos alumnos do centro que son hoxe en día grandes profesionais nos campos da arquitectura, traballo social, historia, socioloxía, INEF ou da tradución.
En canto aos obradoiros, hoxe gozamos dun de son e gravación de maquetas, outro de fabricación de carteiras e libros, outro de músicas do mundo e , por último un de cociña en inglés que fixo que o corredor principal do instituto ulira a “cookies” e “Brownies” .
Deixámosvos aquí a reportaxe fotográfica na que como podedes ver rapaces e rapazas traballaron e gozaron por igual. Como os “brownies” do microondas tiveron tanto éxito, pedíronnos que deixáramos aquí e tamén no blog de INGLÉS a receita. Así que si a facedes na casa esperamos que vos aproveite.
Ningún comentario:
Publicar un comentario