O pasado 18 de xuño finou o premio Nobel José Saramago, home sinxelo e autor comprometido coa humanidade , escritor de grandes historias de amor e fiósofo da vida. A súa "receita"pasaba por non formar parte dun irreflexivo rabaño humano , senón pola reflexión repousada, por ter ideas propias que poideran cambiar o mundo. A pesares do seu característico pesimismo cando decía cousas como " Se a literatura poidera cambiar o mundo, xa o tería feito " , sabemos , que ao seu xeito, intentou cambialo, e se non o fixo, deixou en todos nós un pouso para intentalo.
Axenda cultural do IES Ponteceso
Axenda cultural do IES de Ponteceso
Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.
luns, 21 de xuño de 2010
xoves, 10 de xuño de 2010
MARILAR ALEIXANDRE: O COITELO EN NOVEMBRO
Este sábado, 5 de xuño, vén de celebrarse en Compostela, organizado pola AELG, a merecidísima homenaxe “A escritora na súa terra” a Marilar Aleixandre (Madrid, 1947), dentro do programa “A escritora na súa terra”. E poucas veces “a súa terra” está tan enchido de significado coma no seu caso: nacida en Madrid e neta de andaluces, valencianos e madrileños, chegou a Galiza a mediados dos anos 70, despois de ter viaxado en autostop por Europa, e mergullouse dende o inicio na nosa cultura, consciente do seu significado, ata o punto de dar as súas aulas axiña en galego, naqueles difíciles tempos e formar parte do equipo de traballo que deu ao prelo o primeiro libro de ciencias para o ensino secundario en galego.
Do seu quefacer literario dan conta, por exemplo, a extensa ringleira de premios (o Esquío, Xerais, Caixanova-PEN en poesía, tres veces o Xerais, o Álvaro Cunqueiro, Merlín e da Crítica, Caixa galicia e White Ravens), ademais do seu labor científico e de tradución do inglés; títulos tan coñecidos como Lobos nas illas, A expedición do pacífico ou Rúa Carbón, todos eles incluídos na nosa biblioteca e de lectura habitual do alumnado de secundaria e bacharelato.
A homenaxe coincidiu coa “presentación en sociedade” da súa última novela, O coitelo en novembro, obra a cabalo entre a novela e o conxunto de relatos na que “as persoas resístense a ser tratadas como personaxes; os contos auténticos, parte enguedéllanse cos inventados, se é que non son todos inventados”, e así resulta “un canto ao poder das palabras que, como na historia de Alí Babá, poden chegar a fender montes”. Toda unha homenaxe ao mundo da ficción literaria. E todo isto coa voz insuperábel de quen nunca se rende. Unha voz de muller.

mércores, 2 de xuño de 2010
EN GALEGO TAMÉN SE FAI CIENCIA
Presentámosvos un fermoso vídeo, só un dentro desta campaña de facer ciencia en galego, onde atopamos ao noso ilustre científico Ángel Carracedo.¿Lembrádesvos del? Foi o noso invitado máis aclamado na X Semana Cultural e a defensa que fai do noso idioma é das máis sinxelas e belas que podedes escoitar. Aquí a tendes.
Se queredes ver toda a campaña facede click aquí
Se queredes ver toda a campaña facede click aquí
Ángel Carracedo from SNL_UDC on Vimeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)