Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

mércores, 29 de xuño de 2011

A maleta de Sofia


Hoxe martes 28 de xuño ten lugar a estrea da longametraxe "A maleta de Sofía", unha película de Marcos Gallego, arredor da figura de Sofía Casanova, escritora e periodista de guerra na convulsa época de principios do século XX. Deixamos aquí o enlace ao tráiler e comentarios sobre tan sobranceira e descoñecida figura literaria que merece estar ao carón de escritoras como Rosalía de Castro , Emilia Pardo Bazán ou Concepción Arenal .

luns, 20 de xuño de 2011

Que ler no verán

Presentamos aquí as quías de lectura para este verán. Tanto si estás estudando a ESO como si es de Bacharelato, aquí atoparás suxestións refrescantes para este verán.
Mergúllate na lectura connosco!!!!!




mércores, 15 de xuño de 2011

Chimamanda Ngozi Adichie

O día 16 de xuño celébrase o Día do Neno Africano, que non é máis que outra oportunidade na que un organismo como UNICEF nos pon diante para exercer unha reflexión máis que necesaria nos tempos que vivimos.

Esta reflexión sírvenos nin máis nin menos como unha boa escusa para presentarvos a unha escritora nixeriana de nome impronunciable : Chimamanda Ngozi Adichie e un dos seus máis fermosos e cruentos libros Medio Sol Amarillo no que conta a través de diversos personaxes a traxedia da guerra de Biafra en Nixeria nos anos sesenta e como a poboación viuse enfrontada á fame que levan as guerras e a tremendas masacres entre diferentes etnias. Sempre a mesma historia.

Acompañamos este artigo cun vídeo dunha das conferencias que a escritora da polo mundo para falar do que mellor sabe facer: contar historias, e como esas historias ás veces non se entenden ben pola cor das persoas que as escriben. Toda unha xoia.


xoves, 9 de xuño de 2011

GALEGOBOOK: Unha nova ferramenta.

Nace GALEGOBOOK un proxecto sen ánimo de lucro que pretende ser un espazo onde publicar, compartir e conversar sobre un gran número de libros electrónicos que circulan pola rede sobre lingua (gramática, fonética, sociolingüística, manuais, terminoloxía...)

Este novo recurso pretende dar accesibilidade aos textos que se publican arredor da lingua galega e que posúen versión electrónica (pdf ou en pub).

Para facilitar a procura de material, o Galegobook conta tamén cun índice por autoría e por título.

Na actualidade, o blog está en fase de construción, polo que aínda non están referenciadas moitas das obras dispoñibles na rede. Con todo, conta xa con 114 documentos para descargar.

Tamén o proxecto inclúe unha páxina de Facebook onde compartir, comentar e contribuír ao proxecto

domingo, 5 de xuño de 2011

Día Mundial do Medio Ambiente


Esta conmemoración é unha das ferrametas máis útiles que teñen en Nacións Unidas para sensibilizar á comunidade internacional sobre o medio ambiente.
Deixámosvos aquí un par de enlaces interesantes para que vexades como se traballa o tema dende o organismo internacional:
- A ONU traballa para o medio ambiente
-Atlas dos océanos ( aínda que está en inglés paga a pena botarlle unha ollada). O día 8 deste mesmo mes celébrase o Día dos Océanos.