Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

mércores, 30 de outubro de 2013

OUTONO PONDALIANO 2013

Como vén sendo habitual cada outono desde hai anos a Fundación Eduardo Pondal organiza o Outono Pondaliano. As charlas e actividades propostas para este ano xiran ao redor do poema “Os pinos”, letra do himno galego. Mais, como todos os anos, tamén se presentarán algunhas iniciativas que se levan a cabo no eido cultural galego.
Algunhas destas actividades faranse na nosa Biblioteca. Aí queda o programa de actividades!!!



 

martes, 29 de outubro de 2013

PROXECCIÓN DO FILME O APÓSTOLO

Neste Samaín, a Biblioteca levará a cabo a proxección do filme O Apóstolo para os cursos de 1º de ESO A e B. Aquí vos vai un adianto co trailer. 
TRÉMEDE DE MEDO!!!!




luns, 21 de outubro de 2013

CONCURSO DE PORTADAS DE LIBROS DE TERROR



SAMAÍN 2013

CONCURSO DE PORTADAS DE LIBROS DE TERROR

DEBUXA A PORTADA DUN LIBRO CLÁSICO DE TERROR E FAINOS TREMER DE MEDO 





AS PORTADAS ENTREGARANSE NA BIBLIOTECA DO CENTRO ATA O MARTES 29 DE OUTUBRO
HABERÁ TRES PREMIOS

ORGANIZA A BIBLIOTECA E O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


SAMAÍN 2013


SAMAÍN 2013


A Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística organizan un concurso de CABAZAS. Trae un cabaza terrorífica e fai que este Samaín sexa horripilante.

A cabaza entregarase na biblioteca e o día limite será o martes 29 de outubro
Haberá tres grandes premios!!!