Velaquí tedes as fotos das lecturas que o pasado 25 de novembro realizamos no corredor ao lado da biblioteca sobre este terrible tema. Queremos dar as grazas aos rapaces que participaron pola súa boa actuación e por contribuír á concienciación sobre esta lacra na nosa comunidade escolar. Grazas tamén aos que se achegaron a escoitar os relatos e aos que amosaron algún interés polos libros que formaron parte destas emotivas lecturas. Mantemos a esperanza de ter aportado un pequeno gran de area para que estas actitudes desaparezan da nosa sociedade.
Axenda cultural do IES Ponteceso
Axenda cultural do IES de Ponteceso
Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.
domingo, 28 de novembro de 2010
xoves, 18 de novembro de 2010
LECTURAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Como todos os anos queremos contribuír dende a nosa biblioteca a difundir unha mensaxe de respecto ao ser humano , e en especial ás mulleres que sofren da violencia doméstica ou calquera outro tipo de abuso pola súa condición de "sexo débil" e por iso o vindeiro 25 de novembro , no recreo ,faremos unha serie de lecturas de textos que dalgún xeito reflicten este terrible problema. Gustaríanos que compartises connosco ese momento e que servirades de mensaxeiros para espallar este sentimento de rexeitamento.
domingo, 14 de novembro de 2010
Robert Louis Stevenson: Aniversario do seu nacemento.
"O importante non é chegar senon ir" Cunha das súas citas queremos dende a nosa biblioteca homenaxear a este escritor escocés ( Edimburgo ,13 de novembro de1850-3 de decembro de 1894) cando se fan 160 anos do seu nacemento. Escritor de inmortais novelas de aventuras como A Illa do Tesouro ou de misterio como O estraño caso do Dr. Jekyll e Mr Hyde, segue a ser, nesta época de revolución tecnolóxica un dos escritores máis lidos polos nosos lectores, tanto en inglés, como en galego ou castelán. Paga a pena seguir gozando das súas obras.
Aquí tamén tes unha pequena presentación coas portadas das obras que podes atopar na nosa biblio.
luns, 1 de novembro de 2010
O Samaín na Biblioteca
É verdade, pasamos mooooooito medo, e mesmo rimos ás gargalladas con algunha das vosas interpretacións. O ambiente na biblio era arrepiantemente simpático e creo que estas fotos que publicamos amosan perfectamente o que fixemos. O ano que vén máis...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)