Nestas vacacións que están a piques de comenzar podedes gozar con algunhas das novas películas que temos na biblio. Aquí tedes algunhas recomendacións!!!
Axenda cultural do IES Ponteceso
Axenda cultural do IES de Ponteceso
Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.
xoves, 19 de decembro de 2013
martes, 19 de novembro de 2013
ENTREGA DE PREMIOS DO SAMAÍN E DO MAGOSTO
AQUÍ ESTÁN OS GAÑADORES DOS PREMIOS DO CONCURSO DO SAMAÍN, DAS SOBREMESAS DE OUTONO E DOS XOGOS TRADICIONAIS DO MAGOSTO
NORABOA A TODOS E TODAS!!!
luns, 18 de novembro de 2013
MAGOSTO 2013
O NOSO IES, COMO É HABITUAL CADA OUTONO, ORGANIZOU O VENRES PASADO UN MAGOSTO TRADICIONAL. OS RAPACES E RAPAZAS POIDERON GOZAR COAS CASTAÑAS ASADAS E AS SOBREMESAS DE OUTONO. TAMÉN PARTICIPARON NUNHA SERIE DE XOGOS DE HABILIDADE.
VELAÍ UN VIDEO QUE RESUME O ACONTECIDO!!!
xoves, 7 de novembro de 2013
Día da Ciencia en Galego 2013: o dereito a gozar da Ciencia e a Arte en galego
Este ano, o día da ciencia en galego rende homenaxe ao arquitecto Richard Buckminster, á enfermeira Florence Nightingale e ao intelectual e artista creador de Sargadelos, Isaac Díaz Pardo. Esta edición céntrase na Estatística (estamos no ano internacional desta parte das Matemáticas) e na Arte e a Ciencia.
mércores, 30 de outubro de 2013
OUTONO PONDALIANO 2013
Como vén sendo habitual cada outono desde hai anos a Fundación Eduardo Pondal organiza o Outono Pondaliano. As charlas e actividades propostas para este ano xiran ao redor do poema “Os pinos”, letra do himno galego. Mais, como todos os anos, tamén se presentarán algunhas iniciativas que se levan a cabo no eido cultural galego.
Algunhas destas actividades faranse na nosa Biblioteca. Aí queda o programa de actividades!!!
martes, 29 de outubro de 2013
PROXECCIÓN DO FILME O APÓSTOLO
Neste Samaín, a Biblioteca levará a cabo a proxección do filme O Apóstolo para os cursos de 1º de ESO A e B. Aquí vos vai un adianto co trailer.
TRÉMEDE DE MEDO!!!!
luns, 21 de outubro de 2013
CONCURSO DE PORTADAS DE LIBROS DE TERROR
SAMAÍN 2013
A Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística
organizan un concurso de CABAZAS. Trae un cabaza terrorífica e fai que este
Samaín sexa horripilante.
A cabaza entregarase na biblioteca e o día limite será o
martes 29 de outubro
Haberá tres grandes premios!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)