Axenda cultural do IES Ponteceso
Axenda cultural do IES de Ponteceso
Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.
mércores, 30 de xaneiro de 2013
DÍA DA PAZ
Hoxe celebramos o día da Paz Escolar no noso centro. Vide a biblioteca e participade nun xogo sobre os premios Nobel da Paz.
CONCURSO DE TUITS E SMS DE AMOR E DESAMOR
CONCURSO DE TUITS E SMS DE AMOR E DESAMOR
A Biblioteca do IES de PONTECESO e o Departamento de Dinamización Lingüística organizan un certame de tuits e sms de amor e desamor co gallo do Día dos Namorados. Os tuits e sms non poderán exceder os 140 caracteres e terán que estar escritos en galego e ter como tema principal o amor ou desamor. Aqueles alumnos que participen no concurso con tuits deben envíalos a seguinte conta: @BIBLIOAPONTE. O alumnado que participe mediante sms entregaraos nun sobre pechado na biblioteca do centro.
Haberá tres grandes premios!!! Animádevos a participar!!! O prazo finaliza o luns 14 de febreiro.
martes, 8 de xaneiro de 2013
Feliz 2013!
O equipo de biblioteca do IES de Ponteceso desexa que tiñades un feliz 2013 cun vídeo que representa a creatividade e a dedicación na ensinanza por parte do profesorado e alumnado. Queremos felicitar especialmente ao director, produtor e editor deste vídeo, Manolo Varela (profesor de ciencias e director do IES), e a todo o alumnado participante pola entrega, paciencia e dedicación na elaboración deste fermoso vídeo. Mención especial merece a banda sonora orixinal, que foi composta por Juan Cotelo, pianista e alumno do IES de Ponteceso coa colaboración da escola de música Escola na Rúa (Carballo), na gravación e edición da BSO. Parabéns, artistas!
Feliz 2013 para tod@s!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)