- O luns 13, o alumnado de 4.º da ESO asistiu a un encontro con Guillermo Escrigas, director do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).
- O martes 14, o alumnado de 1º, 2.º, 3.º, 4.º da ESO e 1.º de bacharelato asistirán a un obradoiro científico organizado pola Fundación Barrié.
- O mércores 15, o alumnado de 3.º ESO e de 1.º de bacharelato acudirán ao Teatro Colón de A Coruña para ver a obra As marxes da desgraza baseada en fragmentos de obras de Roberto Vidal Bolaño. A obra estará representada polo Laboratorio Teatral.
Pola outra banda, dende o equipo de Biblioaponte, organizamos un Maratón Cultural cuns premios "anticrise".
Debedes formar un equipo 2, 3 ou 4 persoas e darlle un nome orixinal. Despois, vinde a apuntarvos á biblioteca.
O concurso terá lugar nos recreos da próxima semana (20 ao 24 de maio). Estará baseado nunha serie de preguntas relacionadas coa biblioteca, co homenaxeado Roberto Vidal Bolaño e coa cultura xeral.