Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

luns, 30 de maio de 2011

Aniversario do actor e director CLINT EASTWOOD

Mañá 31 de maio cumpre anos este magnífico actor e realizador estadounidense nado en 1930 . Queremos en certo modo homenaxealo non pola súa impecable carreira cinematográfica (entre outras cousas púxolle cara ao peculiar xénero de películas de vaqueiros coñecido popularmente como “spaguetti western”ou á saga de Harry o Sucio ), senón pola súa extraordinaria faceta de director que leva dándolle prestixio dende hai uns 30 anos. Desa última faceta de director contamos con 5 títulos nesta biblioteca que cremos que paga a pena ver, e de paso , dámoslle os nosos parabéns ao Sr. Eastwood.

domingo, 29 de maio de 2011

Recoméndoche un libro

Seguindo o ronsel do Día do Libro, algunhas das nosas alumnas - e tamén profesores -quixeron agasallarnos coas súas recomendacións lectoras. Falamos moito de libros eses días pero só uns poucos valentes foron quen de poñerse diante das nosas cámaras . Bravo por todos eles. Velaquí as súas magníficas explicacións.

2011 ano da música en Galicia


Este ano a Xunta conmemora o 2011 coma "Ano da Música", cunha chea de festivais e concertos ó longo de toda Galicia. Tamén vaise a celebrar en decembro a primeira edición dos Premios da Música Galega.


Curiosamente no noso instituto por diferentes razóns organizáronse unhas actuacións músicais realmente boas dende diferentes departamentos. Dalgún xeito, este ano a música no IES PONTECESO ocupou un lugar privilexiado, tamén.


Os dous concertos salientaron pola súa calidade musical e tiveron ademais algo máis en común, o tipo de agrupación. Ambas as dúas, eran un dúo formado de voz principal feminina e acompañada de guitarra, tocada por un home


O primeiro concerto tivo lugar na semana cultural o día 15 de marzo, organizado polo departamento de inglés, a cargo de "Escuchando Elefantes", un grupo que enche as rúas de A Coruña de boa música, con versións moi personais de grandes temas da música popular urbana






O segundo concerto organizado polo departamento de galego, aconteceu o xoves 26 de maio con motivo das Letras Galegas. Tivemos a gran sorte de escoitar a Uxía Pedreira e a Fred Martins que nos deleitaron cunha música fresca e alegre "lendo xuntos a bossa nova" ;)

MÚSICAS LOISPEREIRIANAS


1 John Cage. Sonata IV para piano preparado

Tim Ovens interpreta a John Cage.

2 Intonarumori

The futurist Intonarumori by Russolo-2

3 Ondas Martenot

Les Ondes Martenot, improvistacion par Monique Pierrot

4 Erik Satie. Gnossienne Nº 1

5 Sex Pilstols. God Save the Queen

6 Joy Division. Atmosphere

7 Leonard Cohen. Suzanne

8 Parálisis Permanente- Autosuficiencia



O noso compañeiro de galego, Diego, suxeriunos este "menú" musical relacionado coa obra de Lois Pereiro

martes, 17 de maio de 2011

Hoxe é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Non se nos ocorre mellor idea que celebralo con este fermoso poema de Lois Pereiro .

Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise
impedirme a min mesmo

descubrir que só fun un interludio

atroz entre dous muros de silencio

só puiden evitar vivindo á sombra

inocularlle para sempre a quen amaba

doses letais do amor que envelenaba

a súa alma cunha dor eterna

sustituíndo o desexo polo exilio

iniciei a viaxe sen retorno

deixándome levar sen resistencia

ó fondo dunha interna

aniquilación chea de nostalxia.

martes, 10 de maio de 2011

LOIS PEREIRO

Amosamos aquí un magnífico power point realizado no IES Concepción Arenal de Ferrol que queremos compartir convosco. Cóntanos a traxectoria vital deste "poeta maldito" xunto cos comentarios de importantes persoeiros do noso panorama cultural. Unha verdadera xoia. Gozade dela.

xoves, 5 de maio de 2011

Vídeo dos encontros PLAMBE

Colgamos aquí un vídeo resume elaborado por Bibliotecas Escolares no que se amosa a última reunión que tivemos en Santiago o pasado 8 de abril.
Nós tamén participamos


Encontros Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

martes, 3 de maio de 2011

Entrega Premios MARATÓN CULTURAL

Aquí tendes a “proba do delito”, é dicir, por pasarse 4 semanas investigando estes rapaces e rapazas conseguiron o que se merecían que foi, nin máis nin menos,que uns cantos cartiños e uns vales para comprar material escolar nunha librería da zona.
Esperamos poder "castigarvos" tan duramente o ano que vén nunha nova edición do concurso.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a slideshow design

Morre o escritor Ernesto Sábato

O pasado sábado morreu un dos grandes da literatura hispanoamericana: Ernesto Sábato: investigador, escritor e pensador que pronto cumpriría 100 anos.

Deixámosvos aquí unha magnífica liña de tempo creada pola biblioteca do IES San Paio de Tui, que ilustra perfectamente a traxectoria de tan ilustre pluma e proximamente adquiriremos algunha das súas obras máis relevantes.