Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

xoves, 30 de xaneiro de 2014

DÍA DA PAZ


 HOXE CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ NA ESCOLA E PENSAMOS QUE ESTE ANO NADA MELLOR QUE DEDICARLLO A UNHA FIGURA FUNDAMENTAL E XA MÍTICA NA LOITA POLOS DEREITOS HUMANOS E POLA PAZ





Nelson Rolihlahla mandela


O 5 de decembro de 2013 morría Nelson Mandela, o primeiro presidente negro dunha Suráfrica libre do rexime racista do Apartheid. Mandela foi un loitador dende a súa xuventude que reclamou a igualdade de dereitos para todas e todos os surafricanos, independentemente da cor da súa pel. 
Pagou un alto prezo, 36 anos no cárcere, moitos deles no penal de Robben Island, pero non se dobregou e finalmente o goberno racista de Pretoria tivo que ceder e, tras liberalo, convocar eleccións libres que Mandela, á fronte do Congreso Nacional Africano, gañou.
Deste xeito convertíuse no presidente que había rematar co sistema do Apartheid, dotando a Suráfrica dun sistema igualitario onde a cor da pel non significase diferencia de dereitos.

luns, 27 de xaneiro de 2014

PREMIOS MINERVA 2014

O colexio Peleteiro, de Santiago, convoca os premios literarios Minerva 2014. Así que se tes menos de vinte anos, estudas 3º ou 4º de ESO, ou bacharelato, podes poñerte en marcha, agarrar lápis e papel e aparellar seis folios como máximo de narración, ou tres poemas, todo ilo de tema libre. Logo, mandas os froitos da túa inspiración á dirección que figura nas bases antes do 14 de marzo.


CONCURSO DE CARTAS DE AMOR E DESAMOR


CONCURSO DE CARTAS
DE AMOR
E DESAMOR

   

O EDNL e a Biblioteca, co gallo da celebración do Día dos Namorados,  organizan un Concurso de Cartas de Amor e Desamor. Haberá dúas categorías:


·    Categoría A: Alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO.

·   Categoría B: Alumnado de 4º de ESO, BACH, CICLOS e ESA.

As cartas entregaranse na Biblioteca ata o luns día 10 de febreiro.

                     Haberá grandes premios!!

Animádevos e participade!!!

luns, 13 de xaneiro de 2014

NOVOS DISCOS NA BIBLIOTECA

Xa temos na Biblioteca unha nova formada de discos. Xa sabedes, vide a escoitalos ou levádeos en préstamo!!! Aquí vos deixamos algunha mostra!!!







mércores, 8 de xaneiro de 2014

Segundo Aniversario da morte de Isaac Díaz Pardo

O día 5 deste mes cumpríronse dous anos da morte dun dos galegos máis senlleiros das últimas décadas, Isaac Díaz Pardo. Aí tedes un vídeo que reflicte a súa loita e compromiso por Galicia.