Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

mércores, 30 de novembro de 2011

José Luis Sampedro, flamante Premio Nacional das Letras.

José Luis Sampedro é un economista de case 95 anos que caeu nas redes da escritura xa maduro pero con paso firme. É autor de non moitas novelas pero cunha traxectoria literaria de peso que realmente deixa pegada en quen o le e que, por fin, recoñecen con este tan grande premio.

Sampedro é o autor de deliciosas obras como La sonrisa etrusca , Octubre, Octubre o El amante lesbiano, pero tamén de moitos textos e artigos de economía ou de carácter social. Ultimamente puidémolo ver como prologuista do libro Indignaos! ou como un dos escritores da obra colectiva Reacciona!, unha especie de reflexión ante toda a problemática social e económica que se está a dar na nosa sociedade nestes momentos de crise.

Na biblioteca tamén lemos a Sampedro.

domingo, 27 de novembro de 2011

Curtas contra a violencia de xénero

Realmente foron unhas semanas moi atarefadas para o noso alumnado e a culminación do seu esforzo son estes vídeos que intentan aportar un grao de area para a concienciación fronte a lacra da violencia machista ou a discriminación sexual no traballo.
O primeiro vídeo amosa unhas curtas elaboradas integramente polos alumnos e alumnas de 3ºPDC, 4º PDC e o PCPI nas súas clases de ámbito lingüístico e baixo a coordinación da biblioteca.
O segundo traballo é unha gravación de spots froito da colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade, do concello de Ponteceso e do instituto.
Non pode haber dúbida algunha de que no noso centro a loita contra a violencia sexista e pola igualdade non fixo máis que empezar.


sábado, 26 de novembro de 2011

Mochilas Viaxeiras


As Mochilas Viaxeiras do IES PONTECESO xa están preparadas para comezar a súa viaxe polo concello...



Esta iniciativa vai dirixida cara ó alumnado e a súas familias*. Nas mochilas atoparedes contidos variados, que estamos seguros ides desfrutar (libros, cómics, cedés e películas).

Animádevos a coller unha e non esquezades deixar a vosa opinión ou suxerencia nos cadernos que van dentro delas.

*Para unha información máis detallada podedes ler este díptico feito polas Bibliotecas Escolares de Galicia: Díptico.

martes, 22 de novembro de 2011

Contra a violencia de xénero: Cartel e pequena guía de lectura

Todos os "días internacionais de..." foron creados coa intención de facernos lembrar os nosos dereitos, de que non esquezamos as nosas responsabilidades, de animarnos a ser máis cívicos, máis humanos... Si hai un día que non debemos esquecer é precisamente este. Concienciémonos, tamén coa lectura.

xoves, 17 de novembro de 2011

BIBLIOTECA DE OUTONO: Formación de Usuarios e Samaín

A biblioteca vestiuse de outono cun par de estupendas actividades : celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares cunhas sesións de Formación de Usuarios/as para os alumnos de 1º de ESO e un arrepiante concurso de lendas de Samaín que rematou nunha rolda de lecturas dalgúns dos autores dos pavorosos contos.

Velaquí tedes a proba.

BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

Presentamos aquí un vídeo rodado en centros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, e no que tivemos a fortuna de participar. Presentouse ante delegacións de varias comunidades autónomas de todo o país no Congreso de Bibliotecas Escolares en Tránsito (BET) celebrado en Santiago de Compostela a semana pasada e da exemplo do traballo ben feito nas bibliotecas escolares de Galicia.
Un motivo máis para seguir traballando.

Biibliotecas Escolares en Tránsito [GAL] from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

martes, 15 de novembro de 2011

Un conxugador??


Pois si.
Como se di a terceira persoa do pretérito imperfecto do indicativo do verbo “dicir”?
Non tes máis que usar esta ferramenta que te axuda a utilizar con corrección todos os verbos galegos.
Grazas as compañeiras do Plambe por compartir esta ligazón.

Tamén en castelán. Moi útil!!!!

domingo, 6 de novembro de 2011

III Premio de Divulgación Científica Ángel Carracedo

Un ano máis a biblioteca colabora cos diversos departamentos de ciencias: matemáticas, tecnoloxía, física e química e ciencias naturais na divulgación e posta en marcha deste concurso de divungación do que aquí tendes as bases:

xoves, 3 de novembro de 2011

II DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Por segundo ano consecutivo celébrase o 4 de novembro o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO para darlle un pulo ás actividades científicas e aos textos divulgativos publicados na nosa lingua. A contribución da nosa biblioteca constará nunha pequena exposición das obras coas que contamos na biblio , flanqueada por unha cadea de ADN elaborada polos alumnos de 1º de ESO.

Este ano celébrase o ano Internacional da Química, coincidindo co centenario do outorgamento do Premio Nobel de Química a Marie Curie polo que este día da Ciencia en Galego está dedicado a tan ilustre muller así como a insigne matemática galega María Wonenburguer.