Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

martes, 25 de xaneiro de 2011

NAMÓRAME: Concurso de "marcapáxinas"

Un ano máis recibimos o Día dos Namorados cunha idea orixinal: queremos decorar a biblioteca cunha chuvia de "marcapáxinas" que leven unha mensaxe de amor.
Ti tamén podes namorarnos coa túa proposta. Velaiquí tes as BASES do concurso.
namórame

domingo, 23 de xaneiro de 2011

30 de xaneiro: Día da Paz

Con motivo do día da paz o noso centro quere aportar un pequeno gran de area cunha exposición dos libros máis relevantes cos que contamos entre os nosos fondos relacionados co tema xunto cunhas breves recensións sobre eles para intentar concienciar á nosa comunidade da importancia que un mundo en paz ten para o normal desenvolvemento da nosa sociedade.
Celebramos este acontecemento o día no que un dos maiores pacifistas do mundo Mahatma Gandhi foi asasinado por un fanático hinduísta. Acompañamos este texto cun vídeo que o Seminario Galego de Educación para a Paz fixo para celebrar o seu 25 aniversario no 2010 e unha curta de ficción “POR NADA” premiada en moitos festivais sobre o tan importante tema do “ciberacoso” .


domingo, 2 de xaneiro de 2011

Os olores de nadal: PREMIOS

Velaiquí tedes as fotos cos premiados polas espléndidas descricións que realmente nos transportaron aos arrecendos destas datas. Mariña Abella de 2º Bac. co seu fermoso conto, Ángel Blanco de 1º da ESO coa súa simpática rima, Dina Souto de 1º de Bac coa súa tenra descrición e todos os rapaces e rapazas que axudaron a construír unha árbore tan olorosa fixéronnos un pouco máis felices.