Por segundo ano consecutivo a Biblioteca, coa colaboración dos diversos Departamentos Didácticos, organiza oII Maratón Cultural, no que calquera grupo de alumnos do instituto pode demostrar as súas destrezas na busca de información tanto en internet como na propia biblio.
O concurso dará comezo xusto despois da Semana Cultural : o 16 de abril e como o ano pasado hai suculentos premios para os tres primeiros grupos gañadores.
Onte faleceu o escritor italiano Antonio Tabucchi, tradutor do poeta portugués Fernando Pessoa e escritor de famosas novelas como Sostiene Pereira, Nocturno hindú ou Réquiem.
Lusófilo empedernido, aprendeu portugués para ser quen de ler en versión orixinal ao poeta luso.
Deixámosvos aquí a portada dunha das súas novelas que temos na biblioteca e unha escena da famosa película protagonizada polo veterano actor italiano Marcelo Mastroiani e que narra os comezos da ditadura de Salazar cando tamén triunfaban os réximes totalitarios en toda Europa.
Proclamado como tal pola UNESCO ( Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) , escolleuse o 21 de marzo coincidindo co equinoccio da primavera para fomentar a poesía e o seu ensino, pero sobre todo porque se entendeu que a linguaxe poética é outra faceta do diálogo entre culturas. Como mostra gustaríanos que lle botarades unha ollada a esta recompilación de reflexións sobre o que é a poesía por parte de diversos autores de todo o mundo e tempos.
Se sodes amantes desta bela disciplina aquí vos quedan tamén unhas cantas ligazóns de moita utilidade. Para traballar ou para gozar.
Tal día coma hoxe, segundo o calendario xuliano, no ano 1727 faleceu dun cólico nefrítico un dos máis grandes científicos da historia, Isaac Newton...
A sempre enxeñosa Nieves Concostrina, na súa sección do programa de RNE "En días como hoy", comenta a importancia deste xenio e o seu curioso epitafio na Abadía de Westminster en Londres.
Recomendámosvos que escoitedes o podcast (facede clic na imaxe).
Na biblioteca podedes atopar na Sección de Divulgación(001) e na de Biografías(929) libros moi interesantes que vos achegarán máis a súa figura. A continuación amosámosvos algún deles:
Algo máis que unha lección de historia é o que
se celebra hoxe. Celébrase o bicentenario da primeira Carta Magna liberal de
España e Europa. Supuxo na súa época un gran avance en dereitos e liberdades
como o nacemento do concepto de “cidadán con dereitos” ou a división de poderes,
pero claro, as mulleres seguirían sendo aínda cidadás de 2ª …
En fin, se queredes saber o porqué do seu
nome, o porqué da data ou o porqué do lugar, non tedes máis que clicar no
póster da esquerda e accederedes a unha magnífica reportaxe elaborada por rtve
para 24 H. Todas as luces e as sombras da Constitución de Cádiz a un clic.
Lendo o periódico o outro día encóntrome cunha
entrevista á escritora Almudena Grandes e para a miña sorpresa o titular di “Galdós
ha sido el escritor más importante de mi vida”. Non sei se será unha cuestión
de anos o da educación que recibíamos na época pero para moitos dos profes
tamén o foi , e entón decateime do pouco “promocionado” que o insigne autor está entre
os máis novos.
De Galdós temos un bo feixe das súas mellores obras na biblioteca,
algunhas están no apartado de Narrativa (N) como lle corresponde, pero temos unha magnífica
colección do autor, un pouco agochada quizais, na sección de Poligrafías e
Coleccións (08) onde podedes atopar magníficas pezas como: Tristana, Doña
Perfecta, Misericordia, Nazarín… e outras xoias de incalculable valor da novela
realista do século XIX , argumentos que poderíamos facer nosos hoxe en día en
moitos dos casos. Obras imperecedoiras ao fin e ao cabo.
Resulta que onte día 14 non foi o aniversario dos 50 anos do nacemento de Mafalda... Varios
medios de comunicación difundírono por mor dun malentendido que se
explica na páxina oficial do seu creador Quino.
Na seguinte imaxe tedes a explicación, se facedes clic nela, ides á páxina oficial de Quino.
Porén, non esquezades que as simpáticas viñetas protagonizadas por esta rapariga son sempre un fermoso agasallo para coidar do noso humor... Desfrutádeas!
Nace REDEIRAS, unha nova rede social para o profesorado galego. Para entrar clicade na ligazón deste artigo ou na imaxe que tedes á dereita do blog. Só tendes que poñer o voso nome de usuario do correo da Xunta e o mesmo contrasinal. Unha vez que entredes tedes a posibilidade de subir o voso material, crear un grupo, ou ver que se coce noutros centros ou o que publican os compañeiros... moi pero que moi util.
Deixámosvos aquí un vídeo promocional con toda a información necesaria. Esperamos que vos sexa útil.
Hoxe, Mafalda, a doce e irreverente rapaza, celebra o seu 50.º aniversario. Sempre preocupada e consciente dos problemas mundiais, seguirá sendo un baluarte de compromiso e rebeldía ante ás inxustizas...
Na biblio podedes atopar varios tebeos entre eles.....
Ás veces
esquecemos os fermosos libros que temos na biblioteca, e por iso sacamos hoxe
un exemplar de luxo: Tíbet:entre el
olvido y la memoria de Tizziana y Gianni Baldizzone.
Temos diante de
nós unha especie de álbum de fotos da alma dese país, pequenos textos que
explican o significado da cultura e do pobo tibetano introducidos por citas que
expoñen unha visión poética pero tamén
política da súa situación actual .
É sobre todo unha homenaxe ao pobo
tibetano e a paisaxe na que vive.
Estudantes, profesores , centros e afeccionados. Todos os
que esteades interesados minimamente nas matemáticas, tedes un novo espazo en
forma de rede social: Sangakoo.
Sangakoo é unha plataforma dedicada as
matemáticas, pero na que atopas retos, podes subir materiais de estudo, facer
preguntas ou ben servirte de todos os recursos que van aparecendo no sitio web.
As profesoras e bedeis do IES de Ponteceso transfórmanse neste día en mulleres que loitaron polos seus dereitos nun mundo masculino, sufrindo a falta de voz e proxección polo simple feito de ser muller.
Os alumnos do PCPI baixaron na súa clase de comunicación lingüística para tomar notas da exposición e posteriormente realizar un debate sobre as mulleres representadas.
Velaquí tedes as cartas premiadas no I Concurso de Cartas de Amor e Desamor convocado pola biblioteca e Normalización para o día dos namorados. Paga a pena lelas, só dicir que corren moitos ventos de desamor… ai, eses corazóns…
Dende o equipo que traballa na biblioteca aproveitamos para dar as grazas a todo o centro polo voso apoio e animarvos a seguir traballando a prol dun proxecto común de boas prácticas de lectura.
Xa estamos aquí
con outro xogo sobre unha das exposicións da biblioteca, a do 175 aniversario
do nacemento da nosa insigne autora:
Rosalía de Castro
A mecánica do
concurso é a de sempre: Vén á biblio e contesta as seguintes preguntas, na casa de"contacto"
-Cantos
poemas hai no taboleiro da exposición?
-Con
que nome asinaba Rosalía?
-Debaixo
da foto de Rosalía hai unha cuberta dun libro seu. Cal? Está tamén entre os
libros expostos?
-De
qué editorial é?
-Le a
biografía. Cando foi declarado o 17 de maio como o Día das letras Galegas ? Por suposto, os 3 primeiros acertantes terán o seu pequeno agasallo por parte da biblioteca.