Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

martes, 23 de abril de 2013

  Hoxe, 23 de abril, Día Internacional do Libro, esperámosvos no recreo cunha sorpresa en Biblioaponte. Ademais, proxectarase a curtametraxe "Los fantásticos libros voladores del señor Morris Lessmore".

  Pola outra banda, o equipo de Biblioaponte preparou un Mercadiño de Libros para este mes na propia biblioteca coas donacións de libros realizada polo profesorado e, especialmente, polo CEIP As Forcadas de Corme. Moitas grazas pola vosa colaboración! Os cartos recadados serán entregados como o ano pasado ao proxecto Bubisher.



 





xoves, 11 de abril de 2013

Entrega de premios na biblioteca

A semana pasada aproveitamos a Semana Cultural do IES de Ponteceso para agasallar aos gañadores dos concursos organizados dende Biblioaponte. Parabéns a todos os participantes, especialmente a Hilda e Kiara gañadoras do Chío de Amor ; e a Álvaro, Bea, Alex, Rubén e Daniel, gañadores do concurso organizado por mor do Día da Paz.




Deseguido, agasallámosvos cos poemas gañadores.
  •                   O chío de Kiara publicado na nosa páxina de Twitter @Biblioaponte






 Fúrasme os adentros coa túa dor, meu furonciño, 
quen puidese sandar ese tumor 
e gozar ca túa presenza na miña vida para sempre

  •                      O chío de Hilda entregado na propia biblioteca:


Hoxe non podo, 
agora estou canso, 
unha mirada esquiva.
Un non me preguntes.
Van inzando o corazón de fendas
e deixando un cheiro a desamor.