0 24 de outubro conmemórase o Día Mundial das Bibliotecas. Esta data sérvenos para lembrar que son de gran importancia para nós porque ofrecen unha chea de recursos para entreternos e tamén para aprender de forma autónoma e libre, ademais todo o mundo ten dereito o seu uso. As bibliotecas son tesoros abertos de cultura que debemos coidar con cariño. E por se non o sabiades... os libros teñen algo de maxia...
Axenda cultural do IES Ponteceso
Axenda cultural do IES de Ponteceso
Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.
domingo, 24 de outubro de 2010
luns, 11 de outubro de 2010
SAMAíN 2010
Este concurso vai dirixido só aos intrépidos escritores do noso instituto. ¿Seredes quen de facernos pasar medo? Pois pasade pola biblioteca e escollede un dos pósters para facer a vosa historia. Esperámosvos!!!!!!
Samain
Samain
sábado, 9 de outubro de 2010
JOHN LENNON E O ANO 2010
O 9 de Outubro John Lennon cumpriría 70 anos, que se di pronto!
Como xa temos falado, John Lennon era uns dos integrantes de The Beatles, o cuarteto de Liverpool, que se separaron en 1970 polo que este ano tamén é o 40 aniversario da súa separación...e tamén, hai 30 anos do seu asasinato... curiosidades dos números!!
Google fixo a súa particular homenaxe poñendo a súas letras coa cariña de John Lennon... Déixovos aquí o vídeo.... (Por certo, a canción supoño que vos soará ;))
A súa viúva, Yoko Ono, promove moitos actos para lembrar a súa figura coma por exemplo enviar a túa homenaxe musical a canle oficial en youtube.
venres, 8 de outubro de 2010
PREMIO NOBEL PARA VARGAS LLOSA
Este ano a prestixiosa academia sueca concedeulle o premio das letras ao escritor hispano-peruano Mario Vargas Llosa, autor dunha extensa obra de indudable calidade literaria e enmarcada no que se chama "boom" da literatura hispanoamericana dos anos 60, cando escribiu as súas mellores obras como La ciudad de los perros . Cultivou todos os tipos de novela :policíaca, erótica, cómica, histórica, política, e incluso o conto infantil. Algunhas das súas novelas foron levadas ao cine e recibiu os máis prestixiosos premios da lingua española como o "Cervantes" ou o "Príncipe de Asturias".
Están a piques de publicar a súa última novela -histórica- titulada El sueño del celta na que conta as barbaridades cometidas polo goberno belga na que foi a súa colonia en África a finais do século XIX .
martes, 5 de outubro de 2010
O CASO DO LIBRO DESAPARECIDO
Agora que estamos a comezo do novo curso non nos vén nada mal esta entretida forma de saber manexar os fondos da nosa biblioteca. Está creada polo Ministerio de Educación e publicada na súa páxina LEER.ES. Ten cousas interesantes e tes o enlace neste mesmo blog.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)