FELICES LECTURAS.
Axenda cultural do IES Ponteceso
Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.
martes, 27 de decembro de 2011
Gran éxito da campaña de lectura de Nadal
FELICES LECTURAS.
xoves, 22 de decembro de 2011
"Quen poidera namorala"
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
quén poidera namorala,
meu amigo!
luns, 19 de decembro de 2011
Ano Cunqueiro (1911-2011)
venres, 16 de decembro de 2011
A imaxe do día
xoves, 15 de decembro de 2011
Graciñas, Rosalía!
mércores, 14 de decembro de 2011
Agora que imos cara o inverno, unha de exploradores.
Roald Amundsen chega ao Polo Sur tal día como hoxe hai 100 anos. Así foi , o explorador noruegués Roald Engelbregt Gravning Amundsen (Borge, Noruega, 16 de xullo de 1872 - Mar de Barents, 18 de xuño d
e 1928) dirixiu unha expedición á Antártida en 1911 e alcanzou o Polo Sur por vez primeira o 14 de decembro aínda que non se soubo do seu achado ata un ano despois cando o equipo chegou a Australia (o fallo de non ter teléfonos móbiles). A famosa expedición viaxou nun navío chamado Fram e contou coa inestimable axuda de cans groenlandeses que facían o transporte de víveres e demais material do campamento.
Desgraciadamente na biblioteca non contamos co libro escrito por Amundsen trala súa viaxe: El Polo Sur: un informe de la expedición antártica noruega en el "Fram", 1910-1912, pero si que contamos cun par de xoias que relatan aventuras similares:luns, 12 de decembro de 2011
Nova edición do X&Q
Presentámosvos un novo número do boletín da biblioteca, o X&Q, no que vos damos puntual información sobre acontecementos culturais que se deron no noso país así como eventos que tiveron lugar no noso centro, recomendacións literarias, conmemoracións, concursos e moitas cousas máis. Se non fostes quen de facervos cunha copia, aquí tendes a versión virtual.
sábado, 10 de decembro de 2011
Día dos Dereitos Humanos
xoves, 8 de decembro de 2011
125 Aniversario do nacemento do pintor Diego Rivera

Tal día como hoxe nace en Guanajuato , México hai 125 anos o pintor e muralista Diego Rivera. Formado en distintos países europeos na época cubista, abandona esta corrente artística en aras dunha estética que estivera máis acorde cos ideais revolucionarios da súa patria . É por iso coñecido como autor de soberbios murais de temática social e tamén, co tempo, pola súa relación coa tamén famosa pintora mexicana Frida Kahlo.
Deixamos aquí un vídeo que mostra algunhas das súas mellores obras.
luns, 5 de decembro de 2011
Campaña de lectura de Nadal: "Regáloche un libro"
domingo, 4 de decembro de 2011
NICANOR PARRA: Premio Cervantes 2011
A voltas cos premios, estamos outra vez aquí para falar do máis alto galardón que se concede nas letras hispánicas: O Premio Cervantes. Nesta ocasión, e en paralelo co que sucede con José Luis Sampedro, trátase dun escritor cuxa profesión dista moito do que se podería esperar dun profesional das letras. Nicanor Parra Sandoval é un matemático e físico chileno de 97 anos e creador da antipoesía, fervente defensor do folklore do seu país e ecoloxista convencido. Pertence a unha saga de artistas e creadores, a súa irmá foi a famosa cantantautora Violeta Parra, e tanto os seu pais como os seus fillos están vencellados dalgún xeito ao mundo das artes.Durante medio siglo
La poesía fue
El paraíso del tonto solemne.
Hasta que vine yo
Y me instalé con mi montaña rusa.
Suban, si les parece.
Claro que yo no respondo si bajan
Echando sangre por boca y narices.


