Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

xoves, 13 de decembro de 2012

Deitado fronte ao mar

Dende o IES de Ponteceso, sumámonos á iniciativa organizada por CGENDL. O día 12/12/12 ás 12:OO horas, o  alumnado recitou este fervoroso poema a prol da lingua galega. Agradecémoslle a Manolo Varela a idea e a montaxe final deste vídeo.




Ademais, tamén queremos felicitar o excelente traballo do Audiovisual As Barxas, que no seguinte vídeo amosa a creatividade e o esforzo conxunto do profesorado e o alumnado. Parabéns e non paredes porque sodes uns artistas! 

xoves, 15 de novembro de 2012

Mañá o noso instituto celebrara o magosto como vén sendo habitual desde hai anos. Por eso animamos a todos os integrantes da comunidade escolar a gozar nel e saborear as castañas. Tamén teremos xogos populares así como un concurso de sobremesas con produtos do outono.

xoves, 8 de novembro de 2012

Aniversario do nacemento de Bram Stoker





Bram Stoker é o protagonista do doodle que Google mostra hoxe. Este autor de orixe irlandesa, é coñecido mundialmente pola súa novela Drácula, escrita en 1897. Desde a nosa biblioteca sumámonos a esta homenaxe.


165º aniversario del nacimiento de Bram Stoker



xoves, 1 de novembro de 2012

Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

A escritora valenciana Laura Gallego acaba de gañar o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa súa obra Onde as árbores cantan. A carreira desta escritora é longa e prolífica e desde a nosa biblioteca queremos sumarnos a este recoñecemento. 

Parabéns!!!

mércores, 31 de outubro de 2012

SAMAÍN 2012

Chega a noite do medo e do terror, onde os espectros atravesan as portas terrenais e nos veñen a recordar a nosa condición de mortais!!!

SAMAÍN


xoves, 25 de outubro de 2012

Día das Bibliotecas Escolares

Onte celebramos o Día das Bibliotecas Escolares no noso centro. Aproveitamos para realizar a formación de usuarios para o alumnado de 1º da ESO e tamén realizamos a proxección do corto de animación Os fantásticos libros voadores do señor Lessmore, un animación que gañou Óscar no 2011 e que é unha verdadeira homenaxe á lectura. 
Gozade con esta xoia da animación que fará que vos emocionedes!!!


xoves, 11 de outubro de 2012

RECOÑECEMENTO O LABOR CULTURAL DA EDITORIAL KALANDRAKA


O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, acaba de concederlle a editorial galega KALANDRAKA o Premio Nacional ó Mellor Traballo Editorial Cultural 2012 polo compromiso coa literatura infantil, destacando o coidado dos textos, xunto coa calidade das ilustracións e a dedicación a xéneros máis complexos, como a poesía. 

Desde a Biblioteca do IES de Ponteceso sumámonos ós numerosos parabéns que merece esta nosa editorial.

MOITOS PARABÉNS!!!





NEIRA VILAS NA BIBLIOTECA DO CENTRO

  O martes tivemos a sorte de ter como invitado na nosa biblioteca ao escritor Xosé Neira Vilas. Falou de literatura co alumnado de 3º da ESO e poidemos gozar da súa compañía.

mércores, 10 de outubro de 2012

UN SAMAÍN DE MEDO!!!

Co gallo da celebración da festa do Samaín a Biblioteca e o Departamento de Dinamización Lingüística organizan un concurso de debuxo sobre esta noite máxica e terrorífica. Animádevos a participar e poderedes gañar grandes premios!!!