Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións. Amosar todas as publicacións

luns, 14 de maio de 2012

FESTILETRAS 2012


Singular é aquilo que é diferente a todos os outros da súa especie. Singular é Ponteceso e máis singular é O Couto. E O Couto é singular porque, entre outras singularidades destacables, organiza e difunde o FESTILETRAS. Difícil atopar un evento para a cultura galega semellante baixo a responsabilidade dos veciños dunha aldea irreductible. Tan irreductible que a aldea vén batallando 30 anos na teima esa de difundir os valores da cultura galega como ferramenta de identificación de noso.
                Coa trixésima edición do evento consolídase unha das progamacións senlleiras do panorama cultural galego. Así as cousas, imos poder gozar da música de xente familiar para nós como Xurxo Souto ou os aclamados Kepa Junquera e Joan Garriga, deleitarnos coas virguerías ilusionistas do Mago Antón, a animación verbal de Quico Cadaval ou Cándido Pazó, a homenaxe a escritores case tan partícipes da actividade da Asociación como os mesmos veciños (Xelucho Abella, Xabier Docampo, Miguel Mato, …), o humor das Cantareiras de Ardebullo ou o encontro con escritores da traxectoria dun Neira Vilas ou Fran Alonso.
                Sen entrar no pormenor de todas e cada unha das múltiples actividades, sabede que o mércores de mañá encetarase a programación que non ha rematar até o domingo á tardiña. Convén non distanciarse moito de toda esta variedade porque é posible que atopedes aquilo que vos interesa. Ide á guía para o comprobar: hai de todo e para todos con moita calidade, para aprender ou para desfrutar.

luns, 16 de abril de 2012

Recordando a Charlie Chaplin


Un 16 de abril de 1889 nace Charles Chaplin , actor, escritor, produtor e compositor británico famoso polas súas películas de cine mudo encarnando ao tenro Charlot. Foi gañador de dous Oscars honoríficos e mesmo  foi candidato ao premio Nobel da paz.

"Ollada de cerca , a vida parece unha traxedia. Ollada de lonxe parece unha comedia. Nunca te esquezas  de sorrir porque o dia no que non o fagas será un día perdido…"



Temos na biblio unha magnífica biografía da editorial Taschen : Chaplin e tamén podedes gozar, como non dunha das súas mellores películas: Tiempos Modernos.




xoves, 5 de abril de 2012

As mellores películas sobre educación

Por se aínda queda algún profe (tamén vale alumnado) despistado por estes lares que ten gañas de que lle recarguen un pouco as pilas, deixamos aquí un vídeo que recolle unhas cantas escenas de películas clásicas sobre a educación.
Para reflexionar…

Grazas a Ángel Acción do IES Blanco Amor por pasar este vídeo.

xoves, 15 de marzo de 2012

REDEIRAS: Nova rede social para o profesorado

Nace REDEIRAS, unha nova rede social para o profesorado galego. Para entrar clicade na ligazón deste artigo ou na imaxe que  tedes á dereita do blog. Só tendes que poñer o voso nome de usuario do correo da Xunta e o mesmo contrasinal. Unha vez que entredes tedes a posibilidade de subir o voso material, crear un grupo, ou ver que se coce noutros centros ou o que publican os compañeiros... moi pero que moi util.

Deixámosvos aquí un vídeo promocional con toda a información necesaria. Esperamos que vos sexa útil.

luns, 12 de marzo de 2012

Interesado nas matemáticas?


Estudantes,  profesores , centros e afeccionados. Todos os que esteades interesados minimamente nas matemáticas, tedes un novo espazo en forma de rede social: Sangakoo.
Sangakoo é unha plataforma dedicada as matemáticas, pero na que atopas retos, podes subir materiais de estudo,  facer preguntas ou ben servirte de todos os recursos que van aparecendo no sitio web.
Isto da Web 2.0 é unha tolemia superútil.

xoves, 8 de marzo de 2012

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O Día Internacional da Muller é un recordatorio anual dunha loita pola igualdade moi avanzada no noso mundo pero aínda moi perdida noutros.
Dende a nosa biblioteca lanzamos unha emotiva homenaxe a todas as mulleres…

Cun CADRO da pintora danesa Anna Ancher (1859-1935): “Mestra e alumnos”

Cun POEMA da escritora chilena e premio Nobel de literatura  Gabriela Mistral ( 1887-1957): “La tierra y la mujer”.

Mientras tiene luz el mundo 
y despierto está mi niño, 
por encima de su cara, 
todo es un hacerse guiños. 

Guiños le hace la alameda 
con sus dedos amarillos, 
y tras de ella vienen nubes 
en piruetas de cabritos... 

La cigarra, al mediodía, 
con el frote le hace guiño, 
y la maña de la brisa 
guiña con su pañalito. 

Al venir la noche hace 
guiño socarrón el grillo, 
y en saliendo las estrellas, 
me le harán sus santos guiños... 

Yo le digo a la otra Madre, 
a la llena de caminos: 
"¡Haz que duerma tu pequeño 
para que se duerma el mío!". 

Y la muy consentidora, 
la rayada de caminos, 
me contesta: «¡Duerme al tuyo 
para que se duerma el mío!».




Cun LIBRO da escritora galega Teresa Moure (1969): “Herba Moura”





E cunha CANCIÓN do cantante John Lennon (1940-1980): “Woman is the Nigger of the world”
Impresionante Letra

martes, 7 de febreiro de 2012

Happy 200th Birthday, Mr. Dickens!


Posiblemente Charles Dickens sexa o autor en lingua inglesa máis lido despois de Shakespeare. O seu éxito radicou en ser algo así como un dos creadores da novela social na que plasmar con todo realismo unha sociedade tremendamente clasista e na que, entre outras cousas, os nenos eran tratados sen piedade. Alguén dixo del que era a “conciencia victoriana

O Departamento de Inglés do noso instituto máis a nosa biblioteca  súmanse a esta celebración con exposicións, xogos, proxeccións de vídeos…
Aquí deixámosvos un vídeo realizado pola BBC que nos presenta a vida do famoso autor dun xeito moi ameno e que , quizais nos axude a comprender o porqué da temática das súas obras.




Na biblio temos:


venres, 27 de xaneiro de 2012

Mozart cumple anos

Xa hai moitos anos que Wolfgang Amadeus Mozart deixou de cumplir anos, evidentemente, pero é que o xenial músico austríaco nacía tal día como hoxe no ano 1756 e non podemos deixar de aproveitar esta data para lembrarvos que na biblioteca , na sección de CDs tendes unha magnífica colección de gravacións de diferentes obras deste irrepetible autor na colección “Masters Classics”.
Pero se o que vos gusta é saber un pouco máis da súa azarosa vida e misteriosa morte nada mellor que levar a casa algúns destes títulos que vos propoñemos:

Me llamo…Mozart da editorial Parramon

Mozart y su época de Francesco Salvi

Ou Mozart, el pequeño gran músico da editorial El Rompecabezas.


Por último, un pequeno vídeo para gozar dunha das súas pezas máis coñecidas : Eine kleine Nachtmusik


luns, 23 de xaneiro de 2012

Salvador Dalí


Un 23 de xaneiro de 1989  morría un dos artistas españois máis significativos dentro do panorama mundial. Falamos de Salvador Dalí (1904-1989), pintor, escultor, escritor, e cineasta que foi, sen ningunha dúbida un dos persoeiros máis exhibicionistas e excéntricos do século XX.  

Presentamos aquí un marabilloso libro co que contamos na biblioteca co sinxelo  título de DALÍ  de  Robert Descharnes, amigo íntimo do pintor durante máis de 30 anos.  Nel atoparedes ao “infame surrealista” cheo de color e as súas imaxes máis provocativas .


Non vos perdades tampouco este  documental que versa sobre a vida e obras do xenial artista catalán: Dimensión Dalí.

mércores, 15 de xuño de 2011

Chimamanda Ngozi Adichie

O día 16 de xuño celébrase o Día do Neno Africano, que non é máis que outra oportunidade na que un organismo como UNICEF nos pon diante para exercer unha reflexión máis que necesaria nos tempos que vivimos.

Esta reflexión sírvenos nin máis nin menos como unha boa escusa para presentarvos a unha escritora nixeriana de nome impronunciable : Chimamanda Ngozi Adichie e un dos seus máis fermosos e cruentos libros Medio Sol Amarillo no que conta a través de diversos personaxes a traxedia da guerra de Biafra en Nixeria nos anos sesenta e como a poboación viuse enfrontada á fame que levan as guerras e a tremendas masacres entre diferentes etnias. Sempre a mesma historia.

Acompañamos este artigo cun vídeo dunha das conferencias que a escritora da polo mundo para falar do que mellor sabe facer: contar historias, e como esas historias ás veces non se entenden ben pola cor das persoas que as escriben. Toda unha xoia.


domingo, 29 de maio de 2011

Recoméndoche un libro

Seguindo o ronsel do Día do Libro, algunhas das nosas alumnas - e tamén profesores -quixeron agasallarnos coas súas recomendacións lectoras. Falamos moito de libros eses días pero só uns poucos valentes foron quen de poñerse diante das nosas cámaras . Bravo por todos eles. Velaquí as súas magníficas explicacións.