Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

venres, 2 de marzo de 2012

"Xogoblog" sobre Rosalía


Xa estamos aquí con outro xogo sobre unha das exposicións da biblioteca, a do 175 aniversario do nacemento da nosa insigne autora: 
Rosalía de Castro
A mecánica do concurso é a de sempre: Vén á biblio e contesta as seguintes preguntas, na casa de "contacto"
-      Cantos poemas hai no taboleiro da exposición?
-      Con que nome asinaba Rosalía?
-      Debaixo da foto de Rosalía hai unha cuberta dun libro seu. Cal? Está tamén entre os libros expostos?
-      De qué editorial é?
-      Le a biografía. Cando foi declarado o 17 de maio como o Día das letras Galegas ? 
Por suposto, os 3 primeiros acertantes terán o seu pequeno agasallo por parte da biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario