Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

Amosando publicacións coa etiqueta Letras galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras galegas. Amosar todas as publicacións

xoves, 6 de xuño de 2013

Maratón Cultural 2013

         O Maratón Cultural deste ano resultou todo un éxito. Isto foi posible grazas á participación e ao entusiasmo do alumnado participante, así como á colaboración entre o profesorado involucrado.
           No concurso participaron sete grupos de diferentes niveis ao longo de dous recreos. Na primeira sesión do concurso, tiveron lugar dúas probas simultaneamente. Unha delas consistía na busca de fondos a través das etiquetas identificativas, do título ou do autor dos fondos; a outra proba trataba de atopar as respostas a través da internet sobre unha serie de preguntas relacionadas co homexaneado das Letras Galegas, Roberto Vidal Bolaño.
           Na segunda sesión do concurso, todos os grupos participaron ao mesmo tempo nun "Trivial" de cultura xeral.


         Por certo, na foto anterior, podedes observar que  dúas alumnas levan prendas ao revés xa que participaron nunha fermosa iniciativa promovida por diferentes ONG o 24 de maio.

martes, 14 de maio de 2013

Actividades Culturais no IES de Ponteceso

   Este ano co gallo das Letras Galegas dedicadas a Roberto Vidal Bolaño, no IES de Ponteceso estanse a celebrar diferentes actividades culturais no salón de actos.
  •  O luns 13, o alumnado de 4.º da ESO asistiu a un encontro con Guillermo Escrigas, director do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). 
  • O martes 14, o alumnado de 1º, 2.º, 3.º, 4.º da ESO e 1.º de bacharelato asistirán a un obradoiro científico organizado pola Fundación Barrié.
  •  O mércores 15, o alumnado de 3.º ESO e de 1.º de bacharelato acudirán ao Teatro Colón de A Coruña para ver a obra As marxes da desgraza baseada en fragmentos de obras de Roberto Vidal Bolaño. A obra estará representada polo Laboratorio Teatral

   Pola outra banda, dende o equipo de Biblioaponte, organizamos un Maratón Cultural cuns premios "anticrise". 
   Debedes formar un equipo 2, 3 ou 4 persoas e darlle un nome orixinal. Despois, vinde a apuntarvos á biblioteca. 
   O concurso terá lugar nos recreos da próxima semana (20 ao 24 de maio). Estará baseado nunha serie de preguntas relacionadas coa biblioteca, co homenaxeado Roberto Vidal Bolaño e coa cultura xeral.
 

domingo, 29 de maio de 2011

MÚSICAS LOISPEREIRIANAS


1 John Cage. Sonata IV para piano preparado

Tim Ovens interpreta a John Cage.

2 Intonarumori

The futurist Intonarumori by Russolo-2

3 Ondas Martenot

Les Ondes Martenot, improvistacion par Monique Pierrot

4 Erik Satie. Gnossienne Nº 1

5 Sex Pilstols. God Save the Queen

6 Joy Division. Atmosphere

7 Leonard Cohen. Suzanne

8 Parálisis Permanente- Autosuficiencia



O noso compañeiro de galego, Diego, suxeriunos este "menú" musical relacionado coa obra de Lois Pereiro

martes, 17 de maio de 2011

Hoxe é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Non se nos ocorre mellor idea que celebralo con este fermoso poema de Lois Pereiro .

Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise
impedirme a min mesmo

descubrir que só fun un interludio

atroz entre dous muros de silencio

só puiden evitar vivindo á sombra

inocularlle para sempre a quen amaba

doses letais do amor que envelenaba

a súa alma cunha dor eterna

sustituíndo o desexo polo exilio

iniciei a viaxe sen retorno

deixándome levar sen resistencia

ó fondo dunha interna

aniquilación chea de nostalxia.

martes, 10 de maio de 2011

LOIS PEREIRO

Amosamos aquí un magnífico power point realizado no IES Concepción Arenal de Ferrol que queremos compartir convosco. Cóntanos a traxectoria vital deste "poeta maldito" xunto cos comentarios de importantes persoeiros do noso panorama cultural. Unha verdadera xoia. Gozade dela.

xoves, 13 de maio de 2010

LETRAS GALEGAS: UXÍO NOVONEYRA

Aquí tendes unha preciosa selección de versos do poeta do Courel Uxío Novoneyra. Traballo elaborado polas bibliotecas escolares Vilán( do IES Pedra da Aguia) e O Segrel do Penedo (IES de Fene)