E chegou o frío e a chuvia, as follas aloumiñando o chan do outono. E tamén chegou o MAGOSTO ao noso instituto. Por iso, como cada ano, organizamos en colaboración co EDNL o CONCURSO DE SOBREMESAS DE OUTONO. Podedes participar neste certame lambón cociñando sobremesas con produtos outonais (castaña, noces, mel , marmelo...). O venres 14 entregaranse as receitas á primeira hora. Lembrádevos de entregar por escrito (en galego) a nota onde se indican os ingredientes que entran na elaboración da sobremesa e a maneira de preparalo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario