Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións

luns, 10 de xuño de 2013

"Defender la alegría"

   Neste trimestre, os integrantes do club de lectura de 4.º da ESO sumerxíronse no mundo da poesía a través de diferentes autores. 
   Para finalizar este ano de lecturas e chocolates, Emma Abella, profesora de Lingua Galega do noso centro, organizou un obradoiro literario cuxo froito amósase na seguinte presentación.
   (Recoñecemos que tamén intentamos compoñer palíndromos poéticos pero nos resultou  complicado!!!).

martes, 20 de marzo de 2012

A Festa da Palabra

 En A Coruña comeza hoxe o festival chamado "CoruñaMayúscula: La fiesta de la palabra".

Terán lugar unha serie de actos, obradoiros e actividades perfectos para conmemorar o Día da Poesía que se celebra á vez ca chegada da primavera...



domingo, 20 de marzo de 2011

21 de marzo:Día da Poesía

Co gallo do Día Mundial da Poesía a nosa biblioteca quere conmemorar o nacemento dun dos mellores poetas que tivemos no panorama nacional, o enxeñeiro e escritor Gabriel Celaya (Hernani, 1911 - Madrid, 1991) autor que defendía unha poesía en ningún caso elitista, ao servicio das maiorías "para transformar o mundo".
Ofrecémosvos un fermoso vídeo dun dos seus poemas musicado por Paco Ibáñez e cantado por un emocionaste Joan Manuel Serrat: LA POESÍA ES UN ARMA CARGADA DE FUTURO.