Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

Amosando publicacións coa etiqueta premio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta premio. Amosar todas as publicacións

luns, 5 de marzo de 2012

Parabéns Ponteceso!!!


Congratúlanos enormemente comunicarvos que o Centro Virtual  Leer.es do Ministerio de Educación vén de concedernos o selo “Buena Práctica Leer.es” deste mes polo noso Itinerario Lector de Centro, elaborado pola biblioteca e difundido no noso blog.
Dende o equipo que traballa na biblioteca aproveitamos para dar as grazas a todo o centro polo voso apoio e animarvos a seguir traballando a prol dun proxecto común de boas prácticas de lectura.
Ánimo a tod@s, que imos por bo camiño!!!

Podedes ver a mención no blog de Leer.es

mércores, 30 de novembro de 2011

José Luis Sampedro, flamante Premio Nacional das Letras.

José Luis Sampedro é un economista de case 95 anos que caeu nas redes da escritura xa maduro pero con paso firme. É autor de non moitas novelas pero cunha traxectoria literaria de peso que realmente deixa pegada en quen o le e que, por fin, recoñecen con este tan grande premio.

Sampedro é o autor de deliciosas obras como La sonrisa etrusca , Octubre, Octubre o El amante lesbiano, pero tamén de moitos textos e artigos de economía ou de carácter social. Ultimamente puidémolo ver como prologuista do libro Indignaos! ou como un dos escritores da obra colectiva Reacciona!, unha especie de reflexión ante toda a problemática social e económica que se está a dar na nosa sociedade nestes momentos de crise.

Na biblioteca tamén lemos a Sampedro.