Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

martes, 21 de abril de 2015

MERCADO DE LIBROS 

DE SEGUNDA MAN

Co gallo da celebración do Día do Libro a Biblioteca do IES PONTECESO organiza un mercado de libros de segunda man. Estades todos invitados a participar tanto na compra como na doazón de libros. O mercado celebrarase desde o 23 de abril ata o 15 de maio. 
Estades todos invitados a participar xa sexa comprando ou doando libros!!!


A recadación do mercado de libros será doada a unha ONG.

luns, 13 de abril de 2015

XV SEMANA CULTURAL

E alá se nos foi a XV Semana Cultural, pero xa está máis próxima a seguinte. Deixámosvos algunhas fotos das diferentes actividades que se levaron a cabo.



martes, 7 de abril de 2015

XV SEMANA CULTURAL DO IES PONTECESO

E no 2015 chegamos a edición número XV da Semana Cultura do IES PONTECESO. Desde hoxe, 7 de abril, ata o 10 dese mesmo mes no noso instituto celebraranse multitude de actividades: conferencias, charlas, concertos, obradoiros, representación de obras de teatro e un longo ectéctera. Xa sabedes gozade con este maremoto de cultura e diversión!!!!


mércores, 1 de abril de 2015

VIII CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA DO IES PONTECESO

O EDNL convoca o VIII Certame de Creación Literaria do IES PONTECESO

Xa sabedes, animádevos a participar!!!!



venres, 19 de decembro de 2014

AS VACACIÓNS ESTÁN AQUÍ

PARECE QUE FOI ONTE CANDO EMPEZABA O CURSO E XA ESTAMOS A PIQUES DE REMATAR O TRIMESTRE. DESDE A BIBLIOTECA DO IES DE PONTECESO QUEREMOS DESEXARVOS UNHAS BOAS VACACIÓNS E FELIZ 2015!!!!!!


mércores, 12 de novembro de 2014

NOVA UBICACIÓN DOS CÓMICS NA BIBLIOTECA

Desde o equipo da Biblioteca decidimos darlle unha nova ubicación a sección de cómics. Agora está preto da entrada, nunha zona máis visible. Xa sabedes, a por esas historietas cheas de humor e fantasía!!!



venres, 7 de novembro de 2014

CONCURSO DE SOBREMESAS DE OUTONO

E chegou o frío e a chuvia, as follas aloumiñando o chan do outono. E tamén chegou o MAGOSTO ao noso instituto. Por iso, como cada ano, organizamos en colaboración co EDNL o CONCURSO DE SOBREMESAS DE OUTONO. Podedes participar neste certame lambón cociñando sobremesas con produtos outonais (castaña, noces, mel , marmelo...). O venres 14 entregaranse as receitas á primeira hora. Lembrádevos de entregar por escrito (en galego) a nota onde se indican os ingredientes que entran na elaboración da sobremesa e a maneira de preparalo.

domingo, 28 de setembro de 2014

CLUB DE LECTURA 2014-2015

E teimamos como cada ano no Club de Lectura. Por iso este mércores 1 de outubro organizamos a reunión inicial para captar aos nosos intrépidos aventureiros da lectura. Estades todos e todas invitados a este encontro, no que ademais de falar de libros aproveitaremos para saborear un ben delicioso chocolate. 

Que aproveite!!!!



martes, 16 de setembro de 2014

BENVIDOS AO NOVO CURSO


E aquí estamos como cada mediados de setembro, iniciando unha nova travesía. Desde a Biblioteca queremos darvos a benvida e invitarvos a colaborar, xogar, participar, gozar... nas múltiples actividades que organizaremos ao longo do curso que estamos a piques de estrear. 

E por iso izamos as velas dos noso barco e poñemos rumbo a unha viaxe na que a lectura será o noso destino e refuxio.

QUEREDES PARTICIPAR NESTA AVENTURA?


mércores, 25 de xuño de 2014

DIVULGACIÓN CIENTÍFICA

Aquí aparece o traballo feito pola profesora Isabel Segura na materia de CIMUCO. Noraboa pola divulgación científica que fai e polo enorme traballo do seu alumnado