Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

Amosando publicacións coa etiqueta violencia de xénero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta violencia de xénero. Amosar todas as publicacións

domingo, 27 de novembro de 2011

Curtas contra a violencia de xénero

Realmente foron unhas semanas moi atarefadas para o noso alumnado e a culminación do seu esforzo son estes vídeos que intentan aportar un grao de area para a concienciación fronte a lacra da violencia machista ou a discriminación sexual no traballo.
O primeiro vídeo amosa unhas curtas elaboradas integramente polos alumnos e alumnas de 3ºPDC, 4º PDC e o PCPI nas súas clases de ámbito lingüístico e baixo a coordinación da biblioteca.
O segundo traballo é unha gravación de spots froito da colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade, do concello de Ponteceso e do instituto.
Non pode haber dúbida algunha de que no noso centro a loita contra a violencia sexista e pola igualdade non fixo máis que empezar.


martes, 22 de novembro de 2011

Contra a violencia de xénero: Cartel e pequena guía de lectura

Todos os "días internacionais de..." foron creados coa intención de facernos lembrar os nosos dereitos, de que non esquezamos as nosas responsabilidades, de animarnos a ser máis cívicos, máis humanos... Si hai un día que non debemos esquecer é precisamente este. Concienciémonos, tamén coa lectura.

domingo, 28 de novembro de 2010

Fotos das lecturas contra a violencia de xénero

Velaquí tedes as fotos das lecturas que o pasado 25 de novembro realizamos no corredor ao lado da biblioteca sobre este terrible tema. Queremos dar as grazas aos rapaces que participaron pola súa boa actuación e por contribuír á concienciación sobre esta lacra na nosa comunidade escolar. Grazas tamén aos que se achegaron a escoitar os relatos e aos que amosaron algún interés polos libros que formaron parte destas emotivas lecturas. Mantemos a esperanza de ter aportado un pequeno gran de area para que estas actitudes desaparezan da nosa sociedade.


xoves, 18 de novembro de 2010

LECTURAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Como todos os anos queremos contribuír dende a nosa biblioteca a difundir unha mensaxe de respecto ao ser humano , e en especial ás mulleres que sofren da violencia doméstica ou calquera outro tipo de abuso pola súa condición de "sexo débil" e por iso o vindeiro 25 de novembro , no recreo ,faremos unha serie de lecturas de textos que dalgún xeito reflicten este terrible problema. Gustaríanos que compartises connosco ese momento e que servirades de mensaxeiros para espallar este sentimento de rexeitamento.