A semana pasada aproveitamos a Semana Cultural do IES de Ponteceso para agasallar aos gañadores dos concursos organizados dende Biblioaponte. Parabéns a todos os participantes, especialmente a Hilda e Kiara gañadoras do Chío de Amor ; e a Álvaro, Bea, Alex, Rubén e Daniel, gañadores do concurso organizado por mor do Día da Paz.
Deseguido, agasallámosvos cos poemas gañadores.
- O chío de Kiara publicado na nosa páxina de Twitter @Biblioaponte
Fúrasme os adentros coa túa dor, meu furonciño,
quen puidese sandar ese tumor
e gozar ca túa presenza na miña vida para sempre
- O chío de Hilda entregado na propia biblioteca:
Hoxe non podo,
agora estou canso,
unha mirada esquiva.
Un non me preguntes.
Van inzando o corazón de fendas
e deixando un cheiro a desamor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario